9.3 C
Santa Comba
jueves, abril 25, 2024

O Xallas gaña a domicilio e colle alento na Preferente

Primeira vitoria a domicilio do Xallas nesta tempada e tres puntos estupendos para os verdinegros

Puebla-1-Xallas-2-

Puebla:Juan, Curu, Iago, Richi, Moure, Mato, Piñeiro, Sera, Kilo, Joshi, Joni.

Xallas: Julián, Cristian, Rachón, Víctor Vecino, Martín Barreiro, Canedo, Jesús, Marcos, Anxo(Fuentes min86), Róber(Sergio Barbeira min80), e Camilo.

0-1-Martín Barreiro(min8)/1-1 Curu(min42)/1-2 Róber Pladur.

Primeira vitoria a domicilio do Xallas esta tempada ante un Puebla que está na zona tranquila da Preferente Norte.Ningún dos dous conxuntos gozou de moitas ocasións pero as mellores foron para o equipo que adestra Iván Cancela, que buscaba con especial ansia esta vitoria.

No primeiro tempo Rober Pladur lanzaba o esférico ao pau(min 5), e tres minutos despois Martín Barreiro adiantaba ós visitantes ó rematar de cabeza unha falta botada por Jesús. A pesares de ter o dominio do encontrou, o Xallas encaixa o primeiro gol no minuto 41. Outra falta e outro remate de cabeza. Esta vez os protagonistas eran os locais Curu, no saque, e Curu, no gol.Pero só tardou o Xallas un minuto e volver a poñer por diante. Desborde de Marcos pola banda dereita e Rober Pladur marcaba.

No segundo tempo, o Puebla tivo a ocasión máis clara no minuto 50, nun remate de Iago de cabeza. No minuto 63, Anxo tivo nas súas botas o terceiro gol pero no executou cando tiña ó porteiro batido. Chegáralle o balón froito dun gran centro de Marcos. A falta de dez minutos para o remate do encontrou Jesús sería protagonista dunha excelente xogada superando a varios defensas, a súa asistencia é rematada por Marcos, pero o esférico acaba batendo no longueiro.O Xallas colleitaba tres puntos moi importantes na súa loita pola permanencia.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos