3018 fans     1095 seguidores     33 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Orange Santa Comba
Formula Hit

O Fisober loitará co Ponteceso FSF pola I Copa da Costa FSF

O Fisober loitará co Ponteceso FSF pola I Copa da Costa FSF

Deportes | Publicada: 17/01/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
65
3
0

Email Google+ Pinterest Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 4 minutos e 27 segundos.

Un serio Fisober superou a un Villa de Cee, que non contou con demasiadas ocasións de gol, nun encontro no que o colexiado tivo un protagonismo innecesario.

David Castro (@DavidCastro27)

FSF Villa de Cee 0 – 4 Fisober FSF

FSF Villa de Cee: Carla, Alba, Adriana, María Dumbría e Andrea (cinco inicial). Tamén xogaron: Vanessa, Paula, María Lijó, Marta, Lucía e Serena.

Fisober FSF: Leti, Ana, Fandiño, Mai e Inés (cinco inicial). Tamén xogaron: Noelia, Tamar, Nuria, Ale, Andrea Piroja e Antía.

Goles: 0-1 m.7: Fandiño; 0-2 m.16: Marta en propia porta; 0-3 m.22: Noe; 0-4 m.25: Noe.

Árbitro: Moreira Fernández (pista) e Barrós Naveira (crono). Non estiveron acertados.

Pavillón: Municipal de Corme (Corme) con 75 espectadores nas bandadas.

Comezou o partido con moita intensidade por ambas partes pero as ocasións brillarían pola súa ausencia.

Nestes primeiros minutos ningún dos dous equipos era quen de facerse co dominio do encontro, ata que no primeiro achegamento de perigo, Fandiño poñía o 0-1 ao transformar un libre directo.

Tras este gol, o Fisober fíxose co control do partido e Tamara contaría con dúas ocasións casi consecutivas para aumentar a renda no marcador para as súas pero primeiro Carla e logo o pau evitaría o gol da vimiancesa.

Pouco despois, Noe avisaría das súas intencións cun disparo que enviaría Carla a córner.

Dous minutos máis tarde, Marta introduciría o balón na súa propia porta logo dun centrochut de Fandiño, un tanto que supoñería o 0-2.

Practicamente na seguinte xogada, Andrea contaría coa primeira ocasión para o seu equipo do partido pero o disparo da ceense acabaríao despexando Leti.

No tramo final deste primeira metade, ambos equipos puideron mover o marcador pero nin Nuria, por parte do Fisober, nin Adriana polo Villa de Cee, serían quen de facer o gol.

Á volta dos vestiarios, Noe sentenciaría o encontro con dous goles nos primeiros cinco minutos da segunda parte.

Tras esto, o partido perdería intensidade debido á vantaxe que tiñan as vimiancesas e a que as ceenses se deixaron ir.

Habería que esperar aos últimos seis minutos de encontro para ver algo de emoción nos cales as ocasións se sucederían para ambos conxuntos pero Serena, María Dumbría, Adriana e Andrea, estas dúas últimas en dúas ocasións, non serían quenes de facer o gol da honra das ceenses e por parte do Fisober, nin Nuria nin Alejandra serían quen de batir a Vanessa, polo que as rapazas de Fran Pioto se clasificarían para a final tras superar ás súas rivais por 0-4.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

María Pose:”Hai que seguir traballando ao pe do canón"

María Pose:”Hai que seguir traballando ao pe do canón"

 //O Partido Popular celebrou a súa cea anual coa vontade de seguir traballando por Santa Comba// Asistiu a portavoz a…

Ler máis
Dos personas heridas en una salida de vía en Baíñas

Dos personas heridas en una salida de vía en Baíñas

//Aparatoso accidente esta madrugada en Baíñas con una persona herida de gravedad y otra de carácter leve// El coche …

Ler máis
Un hombre fallece en la costa de Caión

Un hombre fallece en la costa de Caión

Un hombre falleció después de naufragar una pequeña embarcación en la que al parecer pescaba junto a una mujer a poc…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Merca o teu pobo Santa Comba Nadal 2016
DAC Outono Cultural
Mantido S.L. Construcciones y Obras Públicas
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Os servidores de Putin

Daniel Lago

A última nova do que acontece nesta guerra “híbrida” é o back-up dos telemóveis chineses, de milhares de dados de utentes ocidentais, não é …

Daniel Lago
Ler máis

Presupuestos Participativos de la Marea, un “éxito”

Nacho Louro

El invento de los “presupuestos participativos” no es más que un brindis al sol de la nueva política populista para vendernos que frente al sist…

Nacho Louro
Ler máis

Raro o rato chorar a morte do gato

Daniel Lago

Quando em fins dos ´80 do século passado, a URSS colapsou; e com ela todo o bloco do Leste da Europa; esta estava no médio de uma forte tormenta ec…

Daniel Lago
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información