9.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

O Fisober, campión da I Copa da Costa FSF

O Fisober FSF de Vimianzo proclamouse campión da I Copa da Costa de fútbol sala feminino logo de vencer na final ao Ponteceso FSF no Pavillón Municipal de Corme ante 250 espectadores.

David Castro (@DavidCastro27) Fotos: Marcos Regueira e D&I Fotografías

CONCELLO DE PONTECESO FSF 1 – 3 FISOBER FSF

Concello de Ponteceso FSF: Melani, Ana, Sandra, Carmen e Zeltia (cinco inicial). Tamén xogaron: Elsa, Noa, Chus, Martina e Carla.

Fisober FSF: Leti, Ana, Mai, Noe e Inés (cinco inicial). Tamén xogaron: Fandiño, Andrea Piroja, Tamara, Ale e Antía.

Goles: 0-1 m.9: Elsa en propia porta; 0-2 m.24: Noe; 0-3 m.31: Fandiño; 1-3 m.39: Chus.

Árbitro: Moreira Fernández (pista) e Barrós Naveira (crono). Estiveron ben.

Pavillón: Municipal de Corme (Corme) con 250 espectadores nas bandadas.

Ambientazo o que se puido vivir no pavillón municipal de Corme para vivir a primeira final da Copa da Costa de fútbol sala feminino.

Ponteceso e Fisober saltaron a pista en busca do primeiro título de campión da Copa da Costa de fútbol sala feminino e fixérono ante uns 250 espectadores que abarrotaron as bancadas do pavillón cormelán.

Ambas afeccións acudiron cos seus respectivos bombos e fixéronse escoitar nos corenta minutos do partido sen deixar de animar aos seus nin un segundo.

No que respecta ao futbolístico, a igualdade foi a tónica predominante nos primeiros instantes do encontro a pesares de que ambos conxuntos tiveron ocasións para poñerse por diante.

No primeiro minuto de xogo sería o Ponteceso o que daría o primeiro aviso do encontro logo dun balón á área de Ana que cabeceou Carmen fóra por pouco, ocasión a que respostaría pouco despois o Fisober con dúas oportunidades casi consecutivas pero Melani evitaría con dúas boas intervencións que Ana e Fandiño puxeran por diante ás vimiancesas.

Tras esto, o Fisober fixo o primeiro gol nunha xogada desafortunada na que Elsa introduciría o balón na súa propia portería ao intentar cortar un pase á área.

A raíz do 0-1, as rapazas de Fran Pioto deron un paso á fronte en busca do 0-2 e contarían con varias ocasións para facelo pero primeiro Melani enviaría a córner un disparo á reviravolta de Inés, logo Tamara finalizaría arriba unha xogada combinativa cando xa se cantaba o gol e un disparo de Mai marcharía fóra rozando o pau da portería pontecesana.

Despois destas ocasións para as visitantes, Noa contaría con dúas ocasións casi consecutivas pero primeiro Leti evitaría o gol ao atallar o disparo da xogadora local e despois o lanzamento da propia Noa marcharíase fóra por pouco.

No tramo final desta primeira metade, o partido convertiríase nun ida e volta con constantes ocasións para ambos equipos pero as gardametas resultarían providenciais para os seus conxuntos. Por parte das pontecesanas, Melani mantería no encontro ás súas ao salvar que Noe e Inés, esta en dúas ocasións, fixesen o segundo para o Fisober mentres que Leti evitaría o empate con dúas grandes intervencións ante Carla e Ana, polo que se iría ao descanso co 0-1 no marcador.

Á volta dos vestiarios, Noe aumentaba a renta das vimiancesas ao materializar unha xogada combinativa.

Tras o segundo gol do Fisober o partido perdiu un pouco de intensidade e as ocasión foron contadas, aínda que Mai puido facer a sentencia pero Melani evitaríao enviando o balón a córner e pouco despois Ana estivo providencial no cruce para evitar o remate de Carmen cando xa se cantaba o gol.

E do posible 1-2 pasaríase ao 0-3 logo de que Fandiño salvase a saída de Melani para marcar a pracer.

Practicamente, tras o saque de centro, Inés puido facer o cuarto pero a gardameta local salvaría o gol no man a man coa xogadora camellana do Fisober.

A clave do encontro chegou a falta de seis minutos para o final, cando unha inmensa Leti salvou cunha gran intervención que Carla recurtase distancias no marcador cando mellor estaba a xogar o conxunto anfitrión.

Os minutos finais foron un quero e non podo do Ponteceso FSF, un digno rival que en ningún momento lle perdiu a cara ao partido, e nin Noa nin Carmen nunha dobre ocasión foron que de meterlle o medo no corpo ás vimiancesas ao non acertar de cara a gol.

Un gol que chegaría a falta dun minuto para o final logo de que Chus superase cun disparo cruzado a unha infranqueable Leti ata ese momento.

Tras o pitido final, o pavillón cormelán convertiuse nunha gran festa na que a familia do Fisober celebrou o seu título de campión da I Copa da Costa de fútbol sala feminino coa espectacular Peña Marea Nejra, que non deixou de animar ás súas en ningún momento.

Ana Mouzo, capitana do Fisober FSF, sería a encargada de recibir o trofeo de campión de mans de Eva Lema, porteira do Burela e madriña da competición, mentres que Carmen Pérez, capitana do Concello de Ponteceso FSF, recibiría o trofeo de subcampión de mans de Pili Neira.

A Asociación Deportiva Vidú entregaríalle a Eva Lema, madriña da I Copa da Costa de fútbol sala feminino, de mans do seu presidente Martín Varela, unha réplica dos trofeos, todos eles donados por Alfarería Aparicio de Buño.

Ademáis, a A.D. Vidú anunciou a creación da selección da Costa de fútbol sala feminino e dende a ente organizadora intentará que este combinado se enfronte a equipos de Primeira División coma o Burela Pescados Rubén, o Cidade das Burgas, ou o Ourense Envialia, entre outros.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos