3013 fans     1094 seguidores     33 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Orange Santa Comba
Formula Hit

A Copa da Costa FSF xa está aquí

A Copa da Costa FSF xa está aquí

Deportes | Publicada: 13/01/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
92
5
0

Email Google+ Pinterest Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 20 minutos e 9 segundos.

Xa non queda nada para que se celebre a primeira edición da Copa da Costa de fútbol sala feminino e Adiante Galicia quixo falar con varias protagonistas sobre dita competición.

David Castro (@DavidCastro27)

O vindeiro domingo 17 de xaneiro, Corme convertirase na gran festa do fútbol sala feminino da Costa da Morte coa celebración da I Copa da Costa desta modalidade deportiva.

A Asociación Deportiva Vidú, baixo a tutela da Federación Galega de Fútbol Sala, puxo en marcha esta gran iniciativa co obxectivo de darlle visibilidade a este deporte e fomentar o fútbol sala feminino na Costa da Morte, un proxecto que se fará realidade o próximo domingo no pavillón municipal de Corme a partir das 11.00h.

COMO CHEGAN OS EQUIPOS A ESTA CITA?

O Fisober é o equipo que ten a etiqueta de favorito por competir nunha liga superior ao resto de conxuntos pero nunha competición a partido único pode pasar calquera cousa.

As rapazas que dirixe Fran Pioto chegan a esta Copa da Costa coa moral polas nubes logo de golear ao Leis Marcón a pasada fin de semana na competición ligueira pero ao mesmo tempo teñen os pés na terra e saben que calquera dos outros equipos as pode sorprender, comezando polo Villa de Cee, un equipo que é líder destacado da Liga Provincial.

As ceenses están a firmar unha espectacular tempada, na que aínda non coñecen a derrota, algo que lles permite estar situadas no primeiro lugar da clasificación con once puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado.

Ao Villa de Cee tocoulle bailar coa máis fea xa que o sorteo os emparexou co Fisober, equipo que sobre o papel é o favorito a gañar o título, pero de seguro que tanto as ceenses como as vimiancesas nos ofrecerán unha gran partido de fútbol sala que se decidirá en pequenos detalles.

Pola súa banda, o equipo anfitrión, o Concello de Ponteceso, chega a esta competición tras colleitar un empate a domicilio ante o Ártabras Fene.

As pontecesanas que dirixe Curro buscarán o título de campioás desta Copa da Costa para recibir unha inxección de moral que lle sirva para pelexar polo ascenso na competición ligueira.

As anfitrionas enfróntanse nas semifinais a un conxunto que se fundou esta mesma tempada como é o AD Atletes de Esteiro.

O conxunto de Paco de María demostra o seu progreso semana tras semana e chega a esta competición logo de recibir unha gran inxección de moral tras superar a domicilio ao A Baña.

En teoría, o equipo branquivermello ten o cartel de “Cenicenta” da competición pero de seguro que as esteiranas non venderan a súa pel a calquera prezo e pelexarán por dar a sorpresa nesta primeira edición da Copa da Costa de fútbol sala feminino.

AS PROTAGONISTAS

Ana Mouzo, capitana do Fisober FSF.

P- Que che parece que se puxese en marcha esta competición?

R- A idea de facer a competición é moi boa en todos os aspectos. A nivel persoal porque é unha ocasion máis para disfrutar do futbol sala e a nivel equipo porque é un torneo oficial máis no que se disputa un título e sobre todo a nivel do fútbol sala costeiro para promocionar o que facemos para que a xente da Costa se implique e disfrute véndonos xogar e se aficione o fútbol sala costeiro que vale moito.

P- No encontro de semifinais enfrentarédesvos ao FSF Villa de Cee. Como afrontades este partido?

R- O encontro de semifinais contra o Villa de Cee hai que afrontalo con cautela, porque é un equipo que vai líder na súa liga e está moi ben anímicamente, algo que é fundamental no deporte. Por iso para intentar gañar temos que ser máis que nunca un bloque, un bo equipo na pista e intentar despregar o noso xogo que non será doado ao tratarse dun derbi, posto que sempre son partidos distintos.

P- Quen cres que é o favorito para ser o campión da I Copa da Costa de fútbol sala feminino?

R- O noso equipo é o único que esta en autonómica e posiblemente nos tocara cargar coa etiqueta de favoritos, pero hai que ter en conta, como dixen na pregunta anterior, que estes partidos son derbis e os enfrontamentos só duran 40 minutos nos que pode pasar de todo e non vai haber favoritos porque é fácil ter un día malo e o que os contrarios o teñan bo. E o bonito de que sexa unha copa e un torneo de eliminatorias é que calquera pode gañar e calquera perder.

P- Quen pensas que pode ser a xogadora máis determinante da competición?

R- Tampouco sigo moito o día a día dos nosos rivais porque ao xogar o mesmo día é difícil acudir a outros pabellóns da Costa. Sei que hai xogadoras moi importantes nos seus equipos como algunha das ex compañeiras que tiven no Fisober, pero as xogadoras máis fundamentales neste torneo penso que serán as porteiras porque cando lle cheguen teñen que resolver con eficacia e ogallá que a máis determinante sexa a nosa Leti Rojo.

P- Que supoñería para ti que o Fisober FSF fose o campión da primeira edición da Copa da Costa de fútbol sala feminino?

R- Supoñería unha alegría inmensa por poder gañar un título de novo que é o máis grande o que podo aspirar deportivamente falando, xa que os mellores recordos que teño do fútbol sala son os festexos dun campionato coa miña xente do Fisober: xogadoras, corpo técnico e afección. 

A esto sumaríaselle que sexa no teu equipo de sempre e levantando eu o trofeo como capitana. Asique sería un auténtico orgullo para min e para toda a familia Fisober.

Ogallá poidamos ser as primeiras campionas da Copa da Costa aínda que non será fácil.

María Dumbría, xogadora do FSF Villa de Cee.

P- Que che parece que se puxese en marcha esta competición?

R- Paréceme unha iniciativa fantástica, ogallá sexa o punto de partida de posteriores edicións con moitos máis equipos. É un honor poder participar na I Copa da Costa de futsal, unha pena que non poidan asistir todos os equipos convidados.

P- No encontro de semifinais enfrentarédesvos ao Fisober FSF. Como afrontades este partido?

R- Enfrontámonos ao Fisober, un equipo que actualmente xoga en Autonómica, con xogadoras moi boas, pero pola nosa parte intentaremos facelo o mellor posible, e sobre todo pasalo ben e darlle minutos as xogadoras máis novas que forman o equipo.

P- Quen cres que é o favorito para ser o campión da I Copa da Costa de fútbol sala feminino?

R- Para min o favorito para gañar esta Copa é o Fisober, un equipo con moitas tablas e que está acostumbrado a competir con equipos de moi bo nivel.

P- Quen pensas que pode ser a xogadora máis determinante da competición?

R- Non sinalo ningunha xogadora en concreto, xa que un día destacan unhas e outro día outras. Hai xogadoras como Ana Mouzo ou Noelia Garcia (Fisober) que saben levar o seu equipo e aportan moita estabilidade pero tamén hai xogadoras como Cintia (Ponteceso) ou Andrea (Villa de Cee), que teñen moita calidade, sin desmerecer o traballo das porteiras, decisivas en moitas ocasións. Pero como xa dixen calquera pode ser determinante, nun gol final, nunha parada ou cunha boa defensa.

P- Que supoñería para ti que o FSF Villa de Cee fose o campión da primeira edición da Copa da Costa de fútbol sala feminino?

R- Sería unha satisfacción e unha ilusión xa que é a primerira Copa e na que ademáis nos enfrentamos a equipos moi bos, pero aínda que non a gañemos o principal é disfrutar do ambiente, pasalo ben xogando, e ogallá se sigan organizando moitas máis.

Elsa Souto, xogadora do Concello de Ponteceso FSF.

P- Que che parece que se puxese en marcha esta competición?

R- Paréceme unha moi boa iniciativa porque con isto pódese fomentar máis o fútbol sala feminino, o cal sempre estivo nun segundo plano con respecto ao masculino.

Ademáis, tamén pode servir como un gran escaparate para aquelas nenas que lles gusta pero que non se deciden a dar o paso para saltar ás pistas de fútbol sala.

Espero que sexa a primeira edición de moitas e que cada ano haxa máis equipos participantes.

P- No encontro de semifinais enfrentarédesvos ao AD Atletes. Como afrontades este partido?

R- A priori pode parecer un partido relativamente fácil polo resultado que obtivemos contra elas na liga, pero o Atletes é un equipo con rapazas novas que está mellorando moito xornada tras xornada. De feito, a pasada fin de semana foron quen de gañarlle ao A Baña, un rival ante o que nós non pasamos do empate.

Debido a todo isto, teremos que saír moi concentradas e metidas no partido, porque senón seguro que nos sorprenderán.

P- Quen cres que é o favorito para ser o campión da I Copa da Costa de fútbol sala feminino?

R- O favorito está claro que, para min, é o Fisober. É o único equipo participante nesta I Copa da Costa que está nunha liga superior, e que ademáis debido a súa longa traxectoria terá un factor ao seu favor como é a veteranía e por este motivo ten moitas xogadoras que estiveron xogando varias tempadas na Segunda División nacional.

Teñen un plantel bastante compensado en todas as posición e seguro que farán ver o seu mellor xogo.

P- Quen pensas que pode ser a xogadora máis determinante da competición?

R- Esta pregunta é bastante complicada xa que non creo que vaia depender dunha xogadora nin que haxa unha que sexa determinante e penso que todo dependerá de quen sexa máis EQUIPO con todas as letras.

Calquera dos equipos participantes caracterizase polo traballo, esforzo e unión de cada xogadora, o que fai que cada unha teña unha parte a destacar, por iso non sabería a quen decantarme por alguna.

P- Que supoñería para ti que o Concello de Ponteceso FSF fose o campión da primeira edición da Copa da Costa de fútbol sala feminino?

R- A nivel colectivo sería unha importante inxección de moral para afrontar con forzas á segunda volta da competición ligueira para volver a pelexar polo ascenso e para canto máis se o conseguimos facer diante da nosa xente xa que somos as anfitrionas desta I Copa da Costa.

Mentres que a nivel individual, para min gañar este título sería especial por ser a primeira vez que se disputa e ademáis sería o primeiro que gañaría coa camisola do Ponteceso FSF.

Ademáis, tamén sería especial ver como unha gran amiga e excompañeira como é Eva Lema, madriña da competición, lle entrega o trofeo a nosa capitana.

Eu intentarei aportar o meu gran de area para que todo isto se faga posible.

Bárbara Caamaño, xogadora do AD Atletes.

P- Que che parece que se puxese en marcha esta competición?

R- A min  pareceme unha idea xenial, xa  que é unha oportunidade de enfrentarnos a outros equipos, conocer xente e pasalo ben.

P- No encontro de semifinais enfrentarédesvos ao Concello de Ponteceso FSF. Como afrontades este partido?

R- Pois coma en todos os partidos que levamos ata agora, con moita ilusión e moitas ganas de gañar, e poder chegar a final.

P- Quen cres que é o favorito para ser o campión da I Copa da Costa de fútbol sala feminino?

R- O FSF Villa de Cee, leva destacando toda esta temporada, e vaino facer tamen na Copa.

P- Quen pensas que pode ser a xogadora máis determinante da competición?

R- Cintia, unha das xogadoras do Ponteceso FSF,  ten unha boa forma física, que xoga e deixa xogar as suas compañeiras.

P- Que supoñería para ti que o AD Atletes fose o campión da primeira edición da Copa da Costa de fútbol sala feminino?

R- Un gran resultado a todo o esforzo que levamos facendo ata o de agora, portándonos así unha gran ilusión para o resto dos partidos.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

Santa Comba celebra o X concurso de escaparates no Nadal

Santa Comba celebra o X concurso de escaparates no Nadal

//A asociación de empresarios desenvolve unha campaña de promoción do comercio local co sorteo de 1.000 costavales e …

Ler máis
Irregularidades en la seguridad privada de la mina de Varilongo

Irregularidades en la seguridad privada de la mina de Varilongo

Las denuncias del sindicato USO derivan en sendos expedientes sancionadores  a dos empresas por la seguridad privada en…

Ler máis
AGAFAN pide los ayuntamientos apoyo para las familias numerosas

AGAFAN pide los ayuntamientos apoyo para las familias numerosas

//La asociación está presentando un decálogo de medidas a los ayuntamientos para que no se penalice a las familias nu…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Merca o teu pobo Santa Comba Nadal 2016
DAC Outono Cultural
Mantido S.L. Construcciones y Obras Públicas
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Os servidores de Putin

Daniel Lago

A última nova do que acontece nesta guerra “híbrida” é o back-up dos telemóveis chineses, de milhares de dados de utentes ocidentais, não é …

Daniel Lago
Ler máis

Presupuestos Participativos de la Marea, un “éxito”

Nacho Louro

El invento de los “presupuestos participativos” no es más que un brindis al sol de la nueva política populista para vendernos que frente al sist…

Nacho Louro
Ler máis

Raro o rato chorar a morte do gato

Daniel Lago

Quando em fins dos ´80 do século passado, a URSS colapsou; e com ela todo o bloco do Leste da Europa; esta estava no médio de uma forte tormenta ec…

Daniel Lago
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información