13.6 C
Santa Comba
sábado, abril 20, 2024

Alfredo Vicenti, mestre de xornalistas

Lembrando a Alfredo Vicenti// Xosé Manuel Lema. @xmlema

Pasou un século.O primeiro de outubro de 1916, en Madrid, dez xornalistas de “El Liberal” sacaron a ombros o féretro de “El Maestro”. E serían un milleiro se fose posible. Despedían ao director deste xornal e a unha figura senlleira do oficio en España.Falecía o santiagués, Alfredo Vicenti Rey, como dicía Otero Pedrayo “o príncipe dos xornalistas españois”. Un “mestre de mestres” cunha sona ben gañada como lembrou no seu libro “Vida y obra de un gran periodista” o ilustre ceense Baldomero Cores.

Aínda que estudou Medicina e Filosofía e Letras, Vicenti consagrou a súa vida ao xornalismo.Comezou a emborracharse de tinta en “El Heraldo Gallego” de Valentín Lamas Carvajal, e logo no “Diario de Santiago”. Os seus textos chocaron co Cardeal Payá e foi excomungado e desterrado da súa amada Compostela. Pero en Madrid elevouse a primeira liña nos diarios “El Globo” e “El Liberal”, sen esquecer a súa etapa en “La Ilustración Gallega y Asturiana”, onde chegou a substituír a Manuel Murguía.

Republicano, federalista, autonomista, foi deputado e impulsor da “Asociación de la Prensa de Madrid”. Autor de numerosas reportaxes, perfís biográficos, editoriais e libros, tamén sucou os mares da poesía e alentou coas súas verbas a vates e escritores.“Era un escritor de fibra y un periodista a la moderna” destacaban no xornal ABC. A súa morte deixou un regueiro de artigos e recoñecementos.

Segundo o historiador José Antonio Durán foi “un dos primeiros galegos que se dedicou ao traballo informativo a tempo completo” e “unha peza angular do autonomismo federal galego”. Levaba ao país no seu corazón e na súa pluma:”Non escribiu en galego pero o periodismo vicentiano foi nitidamente galego. Vindo como viña da tradición federal incluso soaba a galeguista”escribe Durán.

Nos libros de Durán, Cores, e nos seus propios podemos darnos conta dese magnífico tesouro que é o seu legado, onde se respira Galicia e xornalismo en estado puro. Na súa obra está a grandeza de Vicenti. Pero hoxe, desde este diario, e cando se cumpriu un século da súa morte física, quixen achegar un grao de area para a divulgación do traballo deste capitán da comunicación escrita.

E coas súas verbas rematamos:”Coronad a Curros y prometedle que cultivareis su idioma. La lengua que a Dios gracias y por obra de nuestras poetas ha revivido en nuestra fierza y en nuestro escudo”.

Foto cor interior- Homenaxe da Asociación da Prensa de Madrid o pasado mes de outubro.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos