7.5 C
Santa Comba
lunes, marzo 25, 2024

Persoeiros televisivos para o ciclo de teatro de Santa Comba

//Teatro Galileo abre o ciclo de teatro de Santa Comba  este venres coa obra Cyrano// Isabel Blanco, César Cambeiro, Ana Santos ou Luís Iglesia(Carmelo Matalobos) estarán no esceario xalleiro//

A compañía Teatro Galileo inaugura o II ciclo de teatro Santa Comba 2016 que se desenvolverá ao longo deste mes de novembro.Este vindeiro venres as dez da noite no auditorio do multiusos representarase a adaptación de “Cyrano”, unha das mellores obras do teatro clásico francés, baixo a dirección de Pedro Rubín.Forman o elenco César Cambeiro, Ana Santos, Manuela Varela e Xosé López Baño “Tanas”.

O papel de Cyrano de Bergerac é interpretado polo actor carnotán,César Cambeiro, que participou en series televisivas como “Terras de Miranda” “Matalobos” ou “Libro de Familia” e nunhas 23 películas como “Vilamor” ou “Mar adentro”. Estará acompañado pola actriz mazaricana Ana Santos, coñecida polos seus papeis en series como “Mareas Vivas”, “As Leis de Celavella” ou “Padre Casares”. Tamén teñen unha importante traxectoria os outros dous actores Manuela Varela   e Xosé López Baño.

O sábado 19 (22; 00h) terá lugar o espectáculo “Sede de Mal”(Boneca Lareta) protagonizado por Luís Iglesias e Xavier Deibe, populares polos seus papeis na serie “Matalobos” que ofrecerán unha obra caracterizada polo humor, o teatro e a música en directo. o sábado 26 será a quenda de Teatro Proscrito coa obra “Habemus Mama” dirixida por Lino Braxe e interpretada polas actrices Isabel Blanco e Sabela Hermida. Isabel Blanco Picallo é moi coñecida na comarca porque é filla de xalleiros.

O colofón a este ciclo organizado polo departamento de cultura do concello de Santa Comba coa colaboración da Deputación da Coruña será a representación de “Roedores” da compañía Redrum Teatro, o luns 28 de novembro as 11 da mañá no multiusos.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos