12.2 C
Santa Comba
martes, abril 16, 2024

Isi pecha o ciclo de monólogos cómicos RiXallas

//Venres as dez da noite actuación de ISI// O concello de Santa Comba tamén celebra unha xornada de cooperativismo e prepara as II xornadas micolóxicas Terra de Xallas//

José Manuel Rodríguez Puente “Isi” actúa este venres 28 de outubro no auditorio do multiusos de Santa Comba, poñendo fin á segunda edición do ciclo de monólogos cómicos RiXallas, que organiza o departamento de cultura do concello de Santa Comba.

Despois das actuacións de Pepo Suevos e de Cándido Pazó chega o humor do showman da Estrada, dun artista moi coñecido polas súas aparicións na TVG. A función comenza as dez da noite e o acceso é de balde. Agárdase unha importante afluencia de público, nesta última actuación dun ciclo de monólogos que contou con moita afluencia nas súas dúas primeiras convocatorias, seguindo co éxito do ano anterior.

Xornada de cooperativismo e cogumelos

Este venres o multiusos acolle unha xornada de cooperativismo organizada polos alumnos du curso de creación de microempresas. A xornada será inaugurada as 9:50 da mañá pola alcaldesa de Santa Comba, María Pose Rodríguez.

Tamén en Santa Comba estánse preparando as II xornadas micolóxicas “Terra do Xallas”. Os sábados 5 e 12 de novembro haberá un obradoiro micolóxico., os domingos 6 e 13 organizaranse xornadas de recollida de cogumelos e tamén haberá unha visita a unha empresa adicada á comercialización deste produto e unha degustación. Máis información 981818710.

Produtos ecolóxicos e comercio online

O luns 7 de novembro a aula CEMIT xalleira(11:00h) acollerá unha charla sobre “produtos ecolóxicos e de calidade”. A inscrición está aberta no edficio multiusos.

Por último, desde a asociación de empresarios de Santa Comba organizan o vindeiro 8 de novembro unha xornada de comercio e redes sociais:”Como impulsar mi tienda online y posicionarme en redes sociales”. Máis información na asociación de empresarios 981818604 ou correo@empresariosdesantacomba.com 

O consultor e formador en marketing online,Javier Rocamora, será o encargado de impartir esta actividade formativa preferentemenre dirixida a autónomos, pemes e comercio minorista.

 

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos