7.3 C
Santa Comba
viernes, abril 19, 2024

Cándido Pazó no ciclo RiXallas

Interpreta “Decamerón” este vindeiro venres no auditorio do multiusos desde as 10 da noite.

O autor teatral, actor e director de escena, Cándido Pazó, é o protagonista da segunda función do ciclo de monólogos cómicos RiXallas que organiza o departamento de cultura do concello de Santa Comba.Nesta ocasión, Pazó pon en escena o espectáculo “Decamerón” baseado no clásico universal escrito por italiano Giovanni Boccaccio. A cita é o vindeiro venres 21 de outubro as dez da noite no auditorio do multiusos. A entrada é de balde.

Cándido Pazó é un dos narradores orais máis recoñecidos de Galicia, actuando en distintos países de Europa e América. No mundo teatral conta con varios premios María Casares e Max.Este venres estará en Santa Comba.Mentres presenta “Decamerón” tamén segue ofrecendo sesións de “Memoria das memorias dun neno labrego” en homenaxe a Xosé Neiras Vilas.

O segundo ciclo RiXallas inaugurouse o pasado venres 14 coa actuación de Pepo Suevos. O encargado de pechar a edición deste ano será o popular humorista José Manuel Rodríguez “ISI”, que actuará o 28 de outubro.Segundo a productora Contraproducións a obra que ofrecerá Pazó en Santa Comba é “unha fórmula híbrida, teatro e narración oral, na que Cándido Pazó combina e optimiza a súa pericia neses dous ámbitos da comunicación escénica, satisfacendo todo tipo de públicos, nun encontro entre o culto e o popular”.

 

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos