7.3 C
Santa Comba
miércoles, marzo 27, 2024

Faleceu o poeta Fran Cortegoso

//Faleceu o poeta Francisco Cortegoso, xusto cando se publica o seu libro “Suicidas// “Un poeta inconmensurable” segundo escritoras como Oriana Méndez ou Chus Pato//

O seu libro de poemas “Suicidas” aparecía hoxe  nas librarías e Fran Cortegoso, de 31 anos de idade, perdía a batalla contra unha enfermidade que puido con el. Falecía na súa casa de Bora, en Pontevedra, segundo confirmaba a editora Chan da Pólvora que non ocultaba a súa “inmensa tristura” polo acontecido. De feito nas últimas semanas, desde a editorial, Antón Lopo, Manolo Martínez e Gonzalo Hermo traballaron arreo para que o autor vira o seu libro publicado.Hoxe trasladaban as condolencias a familia e as amizades de Fran.

Francisco Cortegoso(Frank Euner) era licenciado en Filoloxía Galega. No 2013 gañou o premio Pérez Parallé co poemario “Memorial e Danza”, que se publicou en Espiral Maior.A triste nova causou sentidas reaccións nas redes sociais como a do poeta Miro Villar que escribiu en twitter:” Conmocionado pola morte do poeta Fran Cortegoso, malia non termos trato persoal. Que a terra che sexa leve, compañeiro da palabra!.

O programa “Diario Cultural” da Radio Galega que presenta Ana Romaní emitiu hoxe un especial dedicado a figura deste poeta, definido pola escritora Oriana Méndez (neste mesmo programa) como “o mellor poeta que naceu en Galicia nos últimos anos”. Tamén tivo palabras de louvanza Chus Pato, que dixo que Cortegoso era “un poeta inconmensurable cunha capacidade cegadora”. Faleceu Fran Cortegoso pero a voz do poeta sobrevive na súa obra.

Artículo anterior
Artículo siguiente

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos