9.9 C
Santa Comba
jueves, abril 25, 2024

Versos de Rosalía de Castro en versión inglesa

/Primeira edición de Follas Novas en inglés//

“New leaves! It makes me laugh, this name you carry, as if a dark one, overhead folk call her white”. O poemario “Follas Novas” xa ten version en inglés. O libro de Rosalía de Castro acaba de ser publicado pola editorial Small Stations Press en colaboración coa Xunta de Galicia, dentro da colección “Galician Classics”.A obra foi traducida pola escritora canadense Erín Moure.

Segundo o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, o obxectivo da edición é o de “afianzar e a espallar aínda máis a obra rosaliana no contexto internacional”.Lorenzo fixo entrega  de varios exemplares de “New Leaves” ao presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, de varios exemplares do volume na sede da casa-museo da escritora, en Padrón.  

“A tradución ao inglés deste poemario é unha novidade que abordamos con entusiasmo, tanto desde Small Stations Press, editora que dirixe Jonathan Dunne, como desde a Xunta de Galicia, nesa colección conxunta de clásicos en galego que vimos facendo medrar ano tras ano, para dar a coñecer os nosos mellores escritores e escritoras fóra de Galicia”, afirmou Anxo Lorenzo, que se amosou convencido de que, “canto máis se coñeza, máis admirada e máis acollida vai ser a obra de Rosalía, de aí o interese do Goberno galego por contribuír a que o seu legado literario se difunda fóra das nosas fronteiras”. 

“New Leaves” segue a liña doutros poemarios galegos xa traducidos nesta colección como é o caso de  ‘Longa noite de pedra’, de Celso Emilio Ferreiro, unha escolma poética de Lois Pereiro; ‘Nimbos’, de Díaz Castro; e mais ‘Cantares gallegos’, que vía tamén a luz de xeito íntegro en inglés, por vez primeira, en 2013, coincidindo co 150º aniversario do poemario.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos