3018 fans     1095 seguidores     33 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Orange Santa Comba
Formula Hit

Faleceu o popular regueifeiro Guillermo da Rabadeira

Faleceu o popular regueifeiro Guillermo da Rabadeira

Cultura | Publicada: 02/09/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
48
3
0

Email Google+ Pinterest Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 2 minutos e 41 segundos.

//Está sendo velado no tanatorio San Antonio de Carballo// Guillermo é un dos grandes regueifeiros de Bergantiños// O enterro este sábado en Seavia//

O último dos regueifeiros históricos de Bergantiños, Guillermo Vázquez Vila, coñecido popularmente como “Guillermo da Rabadeira” faleceu este venres. Esta sendo velado no tanatorio San Antonio de Carballo e o sepelio terá lugar este sábado, as seis do serán, en Seavia.

A primeira tenente de alcalde e concelleira de Cultura, Educación e Turismo do concello de Coristanco, Laura Mariño Taibo expresou o pesar desde o concello por este falecemento.” Coa súa perda, a regueifa coristanquesa queda orfa, despois de ter dado grandes momentos e grandes regueifas en festas populares e outros eventos, e en serio risco de desaparición se non se potencia o seu coñecemento e a súa práctica por parte das novas xeracións” afirmou Mariño que define ao finado Guillermo como “a última peza que quedaba dese gran cuarteto de regueifeiros” composto por Blanco de Muiñoseco, Costa de Xaviña e Fermín da Feiranova.

Desde o concello lembran o último “man a man” con Suso de Xornes, o pasado mes de maio nun programa da TVG. Guillermo Vázquez, que nace na Rabadeira en 1937, arrastraba problemas de saúde desde facía tempo. Desde pequeno xa estivo vencellado ao mundo da regueifa. Tamén desde o Partido Popular, o portavoz municipal Juan García Velo, expresou as súas condolencias polo pasamento de Guillermo “veciño da Rabadeira, e ilustre regueifeiro que levou o nome de Coristanco por distintos recunchos de Galicia”.

Fotos- TVG- Xunta de Galicia

@AdianteGalicia

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

María Pose:”Hai que seguir traballando ao pe do canón"

María Pose:”Hai que seguir traballando ao pe do canón"

 //O Partido Popular celebrou a súa cea anual coa vontade de seguir traballando por Santa Comba// Asistiu a portavoz a…

Ler máis
Dos personas heridas en una salida de vía en Baíñas

Dos personas heridas en una salida de vía en Baíñas

//Aparatoso accidente esta madrugada en Baíñas con una persona herida de gravedad y otra de carácter leve// El coche …

Ler máis
Un hombre fallece en la costa de Caión

Un hombre fallece en la costa de Caión

Un hombre falleció después de naufragar una pequeña embarcación en la que al parecer pescaba junto a una mujer a poc…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Merca o teu pobo Santa Comba Nadal 2016
DAC Outono Cultural
Mantido S.L. Construcciones y Obras Públicas
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Os servidores de Putin

Daniel Lago

A última nova do que acontece nesta guerra “híbrida” é o back-up dos telemóveis chineses, de milhares de dados de utentes ocidentais, não é …

Daniel Lago
Ler máis

Presupuestos Participativos de la Marea, un “éxito”

Nacho Louro

El invento de los “presupuestos participativos” no es más que un brindis al sol de la nueva política populista para vendernos que frente al sist…

Nacho Louro
Ler máis

Raro o rato chorar a morte do gato

Daniel Lago

Quando em fins dos ´80 do século passado, a URSS colapsou; e com ela todo o bloco do Leste da Europa; esta estava no médio de uma forte tormenta ec…

Daniel Lago
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información