8.9 C
Santa Comba
sábado, abril 20, 2024

Uns grolos de poesía

Este 17 de maio é o Día das Letras Galegas.“Coas chaquetas remendadas” e “Balada no país do vento e da néboa”.Con dous poemas do director deste xornal, Xosé Manuel Lema Manuel Lema pertencentes ó libro “Cartafol de Néboas” rendemos unha humilde homenaxe as nosas letras.

“Coas chaquetas remendadas”

 

Os homes saíron desde o peirao

coas súas maletas de soños,

as chaquetas remendadas, 

e nos amargos corazóns

feridas de navalla.

 

 

 

Buscaron vida sen vivila

entre choivas bretemosas

e o vento falando un idioma estraño.

Fixeron medrar escolas e edificios

nas aldeas sen futuro onde naceron,

nos pobos que se perdían nos mapas,

construíron pantaláns de cultura,

para calmar a dor ácida da distancia.

 

Con valentía saltaron muros de formigón

e  lavaron os seus rostros con auga de prata,

con neve suíza, ou brisa cubana

escribiron cartas con reuma salgada.

 

E foron “gallegos”, estirpe valorosa

con cuño na fronte e bandeira no acento,

deixando anacos de músculos

pegados nas paredes das fábricas do inverno.

 

 

 

 

“Balada no país de vento e néboa”

 

As vacas recréanse no espeso manto verde,

un neno bebe na fonte de pedra

,
alborada de gaita nos cantís percebeiros,

país de néboa, terra de vento.

 

 

As verbas dos irmáns saben a regueifa,

ringleiras de patacas, uvas que son verso,

mans que crean edificios de arte,

manchadas de barro.

Un río nace en cada poro da súa pel.

 

 

 

Aínda quedan redes e aparellos,

lobos de mar que atracan cansados,

nas prófugas tabernas do axexo,

onde amosan segredos dos seus mapas,

onde beben en vasos de cristal,

grolos de bitácora.

 

 

 

Aínda quedan sachos e lareiras,

resistencia de barudos carballos,

cantos mohicanos que se escoitan,

na boca dos fillos, peregrinando.

 

 

 

Temos unha cachela desnortada, 

e a meiga sementando ovos rotos

en cada encrucillada,

temos colleita reservada,

dos séculos que pasan.

 

 

Unha aldea de osos encouzados,

pulmóns carbonizados,

por querer vivir,

un soño azul con gris pesadelo,

e un camiño descuberto polos trasgos.

 

FOTO-Alberto Martí- Consello da Cultura Galega

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos