6.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

«Saúde e Terra, irmá(n)s!». Lembrando as Irmandades

A Deputación da Coruña, Museo do Pobo Galego e a Real Academia Galega únense a carón dunha exposición para conmemorar o primeiro centenario das Irmandades da Fala.

 

En sete cidades galegas durante este 2016

A exposición “Saúde e Terra, irmá(n) s!” servirá para conmemorar o centenario do nacemento das “Irmandades da Fala” froito do acordo entre a Deputación da Coruña, o Museo do Pobo Galego e a Real Academia Galega.

A Deputación provincial investirá 91.994 euros para facer realidade esta mostra que a partir do 18 de maio percorrerá as cidades de A Coruña, Santiago, Vigo, Pontevedra, Ferrol, Lugo e Ourense, neste 2016. No primeiro semestre do 2017, percorrerá varias vilas galegas.

 

Goretti Sanmartín:”Queremos que teña un aire pedagóxico e innovador”

A vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín explicou que “Queremos que a exposición teña un aire innovador, pedagóxico, con dez cubículos que lle dan un formato participativo e con elementos como documentos orixinais, obras artísticas do tempo, unha mesa con xornais, locucións con textos arredor do movemento”.

Sanmartín reivindicou a “actualidade” do legado das Irmandades da Fala. Pola súa banda o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, lembrou que as Irmandades naceron “nun momento en que levar adiante as actividades lingüística que propoñen implicaba un xesto heroico como dar unha conferencia en galego. Mesmo no ambiente máis proclive non se acababa de entender que nun espazo como unha tribuna académica se puidesen emitir contidos científicos ou artísticos desde unha lingua que se asignaba ás clases populares”. 

Pola súa parte, o presidente do padroado do Museo do Pobo Galego, Xusto Beramendi, lembrou que a exposición non é só “froito da colaboración destas tres entidades senón que conta coa colaboración da maior parte de asociacións e fundacións que teñen a ver coas Irmandades da Fala”. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos