3018 fans     1095 seguidores     33 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Orange Santa Comba
Formula Hit

"Que non te aten" de Manuel Iglesias Turnes

"Que non te aten" de Manuel Iglesias Turnes

Cultura | Publicada: 06/03/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
82
4
0

Email Google+ Pinterest Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 8 minutos e 24 segundos.

Na sección de cultura de Adiante Galicia falamos hoxe da segunda novela de Manuel Iglesias Turnes, "Que non te aten". Un artigo da autoría do noso colaborador e escritor, Rafael Lema Mouzo.

Manuel Iglesias Turnes (Cabanas, A Baña) volve á realidade da súa Barcala natal cunha novela "Que non te aten" (Xerais) que segue o ronsel da obra que lle serviu de entrada no mundo literario en galego, "As rapazas de Xan". Nesta, camiñaba cara a memoria dunha aldea barcalesa dos anos cincuenta e agora esculca na actual vida dese mundo rural galego de terra adentro, non tan coñecido nin ben interpretado por moito que a nosa literatura siga contando coa marca ruralista. Falar dunha aldea agraria ou dun porto mareiro cando un naceu neles e vive neles é outra cousa. Nada que ver coa visión do camiñante ocioso, visitador gastronómico fotográfico de "finde" ou semana santa; o feixe de contiños mais ou menos pegados do prófugo, "maestriño" ou o funcionario de paso. Nada que ver. Aquí fala un fillo da terra cunha novela traballada, realista, humana sen fatalismo. 

Un espello sobre o paisal dunha chaira violenta e morna, feroz e ubérrima.A urbanización asoballante vencellada co trasvase demográfico e as transformacións en certo xeito traumáticas que a nosa sociedade viviu e vive nestas últimas dúas décadas fai que outras realidades sexan compartimentos estancos, sen voz, descoñecidas en todas as súas múltiples caras. A perda de peso humano, ou sexa político, enche de máis tebras este país ancestral no incerto presente. Hai unha Galicia agraria renovada, transformada, de grandes explotacións adicadas sobre todo ao leite, como segue ainda viva a nosa cara mariña e pesca. Unha sociedade onde vive, traballa e quere progresar xente, persoas, non números dun albarán nin figurantes dun parque temático.

No retábulo da realidade que o autor mamou transcorre a vida dos personaxes da novela, ben recoñecibles, moitas veces autobiográficos, pero en nada xa por sorte (e polo traballo dos nosos pais e avós) semellantes ao país analfabeto e arcaico das láminas de Castelao por moito que os agoreiros desleigados e alleos queiran desfigurar con borróns a pintura dun pais vivo, porque queremos nós, os fillos da terra, que siga vivo. Por iso é preciso que non só veñan de fóra a contar a vida das nosas aldeas, que os fillos do país emigrante, mariñeiro e labrego falen desde dentro das entrañas, porque poden, porque saben e porque a continua revolta social vivida neste entorno nos últimos tempos fixo entrar libros e cátedras nas vellas casas dun mundo iletrado, pero non inculto.

O transfondo dunha aldea da Barcala (da Mahía, do Xallas, de Bergantiños), onde a xente marcha (a cidade ou de novo a Suiza), os vellos nunca deixan de traballar nin de esquecer vellos pleitos, de loitar por algo máis que facer por ter. A envexa, o costume, os ancestros, a terra como un deus terrible e benfeitor son tamén protagonistas da novela e do mundo agrario onde seguen vivos a vacocracia, a ansia por medrar matándose a traballar, sen outro soño máis que deixar para os que veñan, de acumular bens e xenreiras. Os da granxa Agro da Presa queren ser máis que os do Penedo; ter máis vacas, máis terras, recuperar uns ferrados que seica lles roubaron. Unha Galicia de tradicións e hábitos, de emigración e retorno, de partillas e cartillas bancarias onmipresentes, de televisión en galego e festas patronais. Avoas que cren nas meigas, pais que idolatraron o progreso sen medida (de cemento, asfalto e aluminio), e netos que recuperan o vintage.

Os fillos estudan, vanse ou recollen a testemuña dos vellos nunha granxas modernas, transformadas, que miran ó mercado e sofren as políticas tantas veces desacordes e absurdas, feitas por zánganos alleos sen ideoloxía cos petos cheos en contas estranxeiras e un contrato nunha multinacional agardando para cando rematen no despacho a impune desfeita necrolóxica. As cuotas, os xuros, o abuso da industria e as moitas demagoxias de distinta pelaxe non son quenes de acabar coas poucas granxas que fican en pe na aldea. Os novos apostan por ellas, e as carraxes e incertidumes van na procura dunha satisfación ata a conclusión da obra. Un canto de vida, de renovación e futuro deixa o seu resón nas últimas follas.

O mesmo latexo dunha Galicia viva, de xente que ama a terra e sabe que está nas súas mans o seu destino, por enriba de comedias bárbaras e cantos de serea dos que nunca nunca sacharon un rego. En fin, entrar nas páxinas desta novela é ver unha Galicia oculta, que non fala nin dorme o soño dos xustos, que traballa contra vento e sequeiras, contra o PAC e o abandono; que teme a treboada pero máis a ruina, o maior dos descréditos, que un día a casa patrucia teña as estrelas por teito, ainda que xa non esté o petrucio para velo. Cando o composanto está preto, non existen os mortos. Eles son a terra que fala e resolla.

Artigo- Rafael Lema Mouzo

FOTOS-Facebook Manuel Iglesias Turnes

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

María Pose:”Hai que seguir traballando ao pe do canón"

María Pose:”Hai que seguir traballando ao pe do canón"

 //O Partido Popular celebrou a súa cea anual coa vontade de seguir traballando por Santa Comba// Asistiu a portavoz a…

Ler máis
Dos personas heridas en una salida de vía en Baíñas

Dos personas heridas en una salida de vía en Baíñas

//Aparatoso accidente esta madrugada en Baíñas con una persona herida de gravedad y otra de carácter leve// El coche …

Ler máis
Un hombre fallece en la costa de Caión

Un hombre fallece en la costa de Caión

Un hombre falleció después de naufragar una pequeña embarcación en la que al parecer pescaba junto a una mujer a poc…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Merca o teu pobo Santa Comba Nadal 2016
DAC Outono Cultural
Mantido S.L. Construcciones y Obras Públicas
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Os servidores de Putin

Daniel Lago

A última nova do que acontece nesta guerra “híbrida” é o back-up dos telemóveis chineses, de milhares de dados de utentes ocidentais, não é …

Daniel Lago
Ler máis

Presupuestos Participativos de la Marea, un “éxito”

Nacho Louro

El invento de los “presupuestos participativos” no es más que un brindis al sol de la nueva política populista para vendernos que frente al sist…

Nacho Louro
Ler máis

Raro o rato chorar a morte do gato

Daniel Lago

Quando em fins dos ´80 do século passado, a URSS colapsou; e com ela todo o bloco do Leste da Europa; esta estava no médio de uma forte tormenta ec…

Daniel Lago
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información