7.8 C
Santa Comba
sábado, abril 20, 2024

Luar homenaxea esta noite a Paula Sueiro

O programa da Televisión de Galicia homenaxea esta noite a rapaza falecida o pasado luns nun accidente de tráfico.

Máis dun milleiro de edicións e de citas fieis os venres, pero hoxe será un “Luar” especial, xa que como informan desde o programa da Televisión de Galicia desde as dez da noite “estará presente en todo momento a sentida lembranza de Paula Sueiro”.A artista que falecía o pasado luns nun accidente de tráfico no termo municipal de Coristanco, era unha das concursantes do “Recantos”, e por este motivo o equipo do programa e os participantes do certame renderánlle unha homenaxe a Paula Sueiro.

Programa Luar, desde as 22:00

Agárdase unha velada moi especial e moi emotiva, presentada como sempre polo veterano Xosé Ramón Gayoso, acompañado por Matilde Vázquez e Rocío Barrio. No aspecto musical actuará o popular quinteto pop español Auryn, o grupo folk Treixadura,  así como La Ricura, Lenda Ártabra, a Banda de Barro de Barcelos, As D´Aló da Vía, a Banda de música de Abegondo e Tony Meijide.

Mentras tanto os familiares e amigos de Paula Sueiro tentan afrontar este duro golpe. En declaracións ao xornal La Voz de Carballo, a nai de Paula Belén Rodríguez trasladaba o seu agradecemento  por todo o afecto recibido nestes duros días:”Non son capaz de agradecer a todos os que nos axudaron nestes días. A toda a xente que nos chamou e que veu a vernos, pendentes de nós e de Pauliña”. En similares termos expresábase o seu pai, José Sueiro.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos