11.6 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Poetas galegos escriben 150 cantares para Rosalía de Castro

Entre os actos de homenaxe a Rosalía de Castro, foi editado un libro en edición dixital de destacados poetas galegos entre eles Salvador García Bodaño, X.M. Álvarez Cáccamo, Emma Pedreira, Miro Villar, Rafael Lema, ou Fernández Naval.O libro leva por titulo «150 cantares para Rosalía de Castro» e pode descargarse en rosaliadecastro.org.

Suso Díaz foi o promotor desta obra, un libro homenaxe aos «Cantares Gallegos» de Rosalía de Castro. «É un proxecto no que levo traballando dende 2013, publicado ao mundo coincidindo coa data de nacemento de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro de 2015» explica o autor.

Díaz informou que «neste proxecto participamos 151 poetas, con 150 poemas, feitos a partir doutras tantas estrofas sacadas dos poemas de Rosalía. 16 artístas plásticos, con 15 representacións gráficas inspiradas nos Cantares gallegos, ou en Rosalía de Castro».

 «Tamén sumaron a súa voz, o crítico literario Ramón Nicolas, que é o autor do Prefacio, e a escritora Mercedes Queixas Zas, que é a autora do limiar» destaca Díaz. O martes foi o día de Rosalía, que tamén celebrou Google, e tivo outros actos en toda Galicia polo 178 aniversario do seu nacemento, un 24 de febreiro, en Santiago de Compostela.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos