9.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

O colexio Pepe de Xan Baña recibe un premio da Xunta

A Dirección Xeral de Centros premia un proxecto realizado con motivo do vintaecinco aniversario deste centro emprazado na parroquia de Castriz, no concello de Santa Comba.

 
O proxecto “25 anos de Pepe de Xan Baña” impulsado polo CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña resultou premiado no III Concurso de Traballos por Proxectos relacionados cos bibliotecas escolares, e que convocou a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación.Este proxecto, obtivo o premio na modalidade de proxectos documentais integrados. Ademais do recoñecemento, o centro recibirá dous mil euros para melloras na biblioteca.

 
O proxecto consistiu nun documental e a festa de presentación celebrada no centro. Pero antes houbo un importante traballo onde profesores, alumnos, pais e nais tiveron o seu protagonismo. Os alumnos documentáronse sobre e elaboración de documentais e o mundo audiovisual e tamén sobre a preparación de entrevistas.

Conferencias e entrevistas

 
Contaron co soporte de varios expertos que ofreceron os seus consellos. Por unha banda, Carmen Rey e Cristina Caamaño, de Mazaricos, que asesoraron aos nenos nas cuestións audiovisuais, e por outra, o director de Adiante Galicia e último responsable de Radio Xallas antes do seu peche, Xosé Manuel Lema, que falou sobre a elaboración de entrevistas.

 
Despois, os rapaces, coa axuda dos mestres, realizaron as entrevistas para o documental. Polo “estudio de gravación” do colexio de Traba pasaron membros da comunidade educativa de agora e de antes e tamén o exalcalde José Toja Parajó, que gobernaba o concello de Santa Comba cando se inaugurou o centro.O documental foi presentado nunha concorrida festa de convivencia que festexaba o 25 aniversario dun centro dinámico que agora ven de recoller un premio máis que merecido.

 
O CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña de Traba-Castriz, organiza moitas actividades ao longo de cada curso escolar. Saídas culturais, sesións de contacontos, actuacións, obradoiros de oficios tradicionais, ou de horta ecolóxica, ou actos concretos en datas sinaladas como o Entroido ou as Letras Galegas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos