12.3 C
Santa Comba
jueves, abril 25, 2024

Ucha insiste en que non foi convocado debidamente ao pleno

O portavoz do PSOE anuncia un novo recurso contra a aprobación definitiva da conta xeral.

“Nunca faltei a un pleno en dazaseis anos”lembraba hoxe o voceiro do PSOE de Santa Comba, José Antonio Ucha Velo, para asegurar que senón asistiu ao pleno extraordinario deste mércores foi porque nin él nin a súa compañeira Estefanía Calvelo foron notificados correctamente.

Ucha recoñeceu que recibiu unha chamada da Policía Local pero que en ningún momento lle especificaron que era para un pleno o mércores, e que recibiu a convocatoria física dúas horas antes da sesión.”Primeiro deberían chamar á xente e non poñer horas imposibles para asistir, que o puxeran pola noite e non habería problema” afirmou Ucha que non entende “esta urxencia cando tivemos un pleno ordinario o venres”.

En declaracións a Adiante Galicia,José Antonio Ucha, demandou que os plenos se convoquen con 48 horas de antelación porque “a urxencia é para situacións imprevistas pero este non era o caso” e pensa que o correo electrónico non é un sistema ideal para informar dos plenos extraordinarios.

O portavoz socialista anuncia un novo recurso contra a aprobación definitiva da conta xeral que posteriormente “terá que resolver o pleno” e advirte que “a ilegalidade non a salvan” e insiste en que “na comisión  informativa votaron coa porta pechada” o que para Ucha constitúe “un abuso e unha tomadura de pelo”.

A través das redes sociais, a edila socialista Estefanía Calvelo, tamén aseguraba que “non se notificou en tempo e forma” e engadía que “non podo dispoñer de horas ou días no traballo cando lle convén a esta xente”. Calvelo Muñiz considera que o goberno local “deberia polo menos haber consultado ou polo a unha hora normal e non as 14:00 da tarde”.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos