8.5 C
Santa Comba
viernes, abril 19, 2024

“Gañamos unha batalla pero non podemos baixar a garda»

//O alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño, valora a actitude de Núñez Feijóo e a unión dos alcaldes// O presidente da Xunta reitera o compromiso de velar polo emprego e a actividade industrial de Ferroatlántica//

O presidente da Xunta de Galicia,Alberto Núñez Feijóo, reuníase este venres cos alcaldes de Cee, Dumbría, Fisterra, Carnota, Zas, Vimianzo, Camariñas, Corcubión  e Mazaricos(neste caso acudiu o tenente alcalde Esteban Pereiro por unha viaxe do rexedor) aos que lles garantizou  o compromiso da Xunta de velar en todo momento polo emprego e a actividade industrial de Ferroatlántica en Galicia.

Núñez Feijóo asegurou que a prioridade da Xunta é salvagardar o interese público da concesión pero que a día de hoxe non recibiu ningunha solicitude por parte da empresa. Comprometeuse a manter informados aos alcaldes. O conselleiro de Industria,Francisco Conde, manterá unha xunta o vindeiro luns cos representantes do Comité de empresa de Ferroatlántica das fábricas de Dumbría e Cee.

En declaracións a Adiante Galicia, o alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño, agradeceu a posición de Alberto Núñez Feijóo que “entende a situación” e “sabía que non nós ía deixar na estacada”. Para o alcalde despois deste encontro confirmouse que “A Xunta está ao lado do interese público” xa que o presidente reiterou que “vai a defender o título concesional dos encoros e os postos de traballo”.Tamén engadiu que Feijóo “compartiu a responsabilidade e comprometeuse a manternos informados das posibles novidades”

Esta “sensación positiva” de Pequeño Castro reforzase coa unión existente nos alcaldes:“Había tempo que non se vía ós alcaldes da Costa da Morte tan unidos”. Con todo isto o alcalde de Dumbría cree necesario manter a unidade e o apoio social porque a ameaza segue viva:“Gañamos unha batalla pero non a guerra, polo tanto temos que estar alerta e non baixar a garda”.O alcalde de Cee, Ramón Vigo Sambade, tamén expresou a súa satisfacción polo encontro mantido na Coruña, e no que participou o novo delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos