3013 fans     1094 seguidores     33 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Orange Santa Comba
Formula Hit

Concentración contra a segregación de Ferroatlántica

Concentración contra a segregación de Ferroatlántica

Costa da Morte | Publicada: 09/11/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
219
6
1

Email Google+ Pinterest Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 4 minutos e 15 segundos.

//Este sábado as 17:00h en Cee// En Marea presenta varias iniciativas no Congreso dos deputados//

 O comité de empresa de Ferroatlántica nas factorías de Cee e Dumbría convocou para o vindeiro sábado 12 de novembro unha concentración en contra da posible segregación das actividades de enerxía e ferroaleaxes.”As nosas centrais non se venden” é o lema desta protesta que se desenvolverá desde as 17,00h na praza do concello de Cee.

Nas últimas datas os representantes do comité de empresa mantiveron encontros cos grupos parlamentarios do Partido Popular, PSdeG, En Marea e BNG, que lle deron a coñecer distintas iniciativas na cámara do Hórreo. Tamén recibiron o apoio do presidente da Deputación, Valentín González Formoso, dos concellos de Dumbría e Cee, e dos demáis alcaldes da Costa da morte.

En Marea presenta iniciativas en Madrid

Os deputados de En Marea Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino presentaron varias iniciativas no Congreso dos Deputados en contra da posible segregación de Ferroatlántica.

O deputado Antón Gómez-Reino manifestou a este respecto que a operación comercial que vai levar adiante a empresa ubicada en Cee "divide unha unidade productiva que recibiu cuantiosas axudas públicas en forma de interrumpibilidade e primas á xeneración de enerxía renovable por parte do Goberno do Estado".

Pola súa banda, Yolanda Díaz, denunciou a pasividade das institucións e insistiu que "temos que defender por enriba dos intereses económicos de empresas que como esta, subsisten grazas ás cuantiosas axudas públicas que reciben".

En Marea insta ao Goberno do Partido Popular a analizar todas as vías legais para impedir a segregación en Ferroatlántica das centrais eléctricas das fábricas de ferroaleacións.O grupo de En Marea considera fundamental que o goberno do estado asegure, conxuntamente coa Xunta de Galicia, “a recuperación para o dominio público das concesións hidroeléctricas de xeito que a producción das mesmas siga a estar, de maneira primaria, ao servizo da producción de ferroaleacións na factoría de Cee (Coruña)”.

Tamén piden axudas para modernizar a factoría de Cee “mellorando a súa eficiencia así como a dos aproveitamentos hidroeléctricos” e engaden que “o Goberno do Estado debe por e dispor de todos os medios ao seu alcance para o mantemento dos postos de traballo evitando a destrucción dos mesmos, de producirse a mencionada segregación das centrais eléctricas das fábricas de ferroaleacións”.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

Irregularidades en la seguridad privada de la mina de Varilongo

Irregularidades en la seguridad privada de la mina de Varilongo

Las denuncias del sindicato USO derivan en sendos expedientes sancionadores  a dos empresas por la seguridad privada en…

Ler máis
AGAFAN pide los ayuntamientos apoyo para las familias numerosas

AGAFAN pide los ayuntamientos apoyo para las familias numerosas

//La asociación está presentando un decálogo de medidas a los ayuntamientos para que no se penalice a las familias nu…

Ler máis
Kader Redjimi:”No tengo nada que ver con el terrorismo"

Kader Redjimi:”No tengo nada que ver con el terrorismo"

El argelino detenido el pasado lunes en la Operación Marianne quedó en libertad y regresó a su casa de Tufións. …

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Merca o teu pobo Santa Comba Nadal 2016
DAC Outono Cultural
Mantido S.L. Construcciones y Obras Públicas
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Os servidores de Putin

Daniel Lago

A última nova do que acontece nesta guerra “híbrida” é o back-up dos telemóveis chineses, de milhares de dados de utentes ocidentais, não é …

Daniel Lago
Ler máis

Presupuestos Participativos de la Marea, un “éxito”

Nacho Louro

El invento de los “presupuestos participativos” no es más que un brindis al sol de la nueva política populista para vendernos que frente al sist…

Nacho Louro
Ler máis

Raro o rato chorar a morte do gato

Daniel Lago

Quando em fins dos ´80 do século passado, a URSS colapsou; e com ela todo o bloco do Leste da Europa; esta estava no médio de uma forte tormenta ec…

Daniel Lago
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información