5.5 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Mazaricos prepara a súa Semana gandeira e unha ruta BTT

Semana Gandeira, Ruta BTT, axudas para transporte e libros para escolares, e curso para “youtubers en Mazaricos.

O concello de Mazaricos celebrará entre o 14 e o 20 de novembro a súa Semana gandeira que rematará coa tradicional poxa de xovencas de raza frisona que se desenvolverá o domingo 20 de novebro no recinto feiral da Picota.

Durante toda a semana haberá actividades escolares, un concurso  de fotografía con móbil, concurso de postres lácteos, campionato de muxido, show cooking coa cociñeira Ana Oca, e unhas xornadas técnicas leiteiras.

III Ruta BTT Mazaricos

Por outra parte, o vindeiro 27 de novembro terá lugar a III Ruta BTT do concello de Mazaricos:”Os picos de Mazaricos. Do Aro ata a Ruña” de dificultade media con carácter  non competitivo, para maiores de 18 anos e cunha ruta de 40 quilómetros e outra curta de 32 quilómetros.  A inscrición está aberta no concello de Mazaricos 981867104 e pódese obter máis información tamén a través da web do concello www.mazaricos.gal

En colaboración con sete establecementos hostaleiros, o organización deseñou uns menús específicos para esta xornada, cun prezo de dez euros.

Axudas escolares

O concello de Mazaricos tamén ten aberto o prazo de solicitar a axuda ao transporte para alumnos/as que cursen bacharelato ou formación profesional e para libros de texto de educación infantil para  alumnos/as matriculados/as nos centros educativos de Mazaricos. O prazo remata o 7 de novembro.

“Faite Youtuber”

Os vindeiros 2, 3 e 4 de novembro, a Casa da Cultura da Picota acollerá un obradoiro de creación de vídeos para Youtube desde o móbil para persoas maiores de 14 anos.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos