9.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Xunta local de seguridade da Laracha

A Xunta Local de Seguridade celebrou hoxe unha reunión ordinaria no salón de Plenos da Casa Consistorial. A xuntanza estivo copresidida polo alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, e o subdelegado do Goberno na provincia da Coruña, Jorge Atán. Tamén contou coa presenza da vicesecretaria da Delegación do Goberno, Eva Vázquez; o tenente coronel xefe accidental da Comandancia da Garda Civil da Coruña, Fernando Pedreira; o tenente xefe accidental da 5ª Compañía de Carballo, José Javier Castro; o comandante de posto accidental da Garda Civil da Laracha, Sergio García; o inspector da Policía Autonómica na Coruña, Javier Teijido; o xefe da Policía Local, Víctor Vilanova; o tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito; a concelleira da área de Muller, Rocío López; Eladio Verdía en representación do grupo municipal do PSOE e Antonio Antelo, edil do grupo mixto. 

Os datos oficiais expostos polos diferentes organismos e institucións presentes poñen de manifesto os bos índices de seguridade do Concello da Laracha, mesmo rexistrándose un descenso no número de accións delituosas con respecto ás cifras do ano anterior. 

Aproveitouse este punto para lembrar que tralos sucesos das últimas semanas, que afectaron a determinados locais comerciais, a resposta policial foi rápida e efectiva, concluíndose as operacións coa detención dos presuntos responsables, o que foi motivo de felicitación por parte do alcalde e do subdelegado do Goberno. Neste sentido, quedou constatada a boa coordinación entre os diferentes corpos e forzas de seguridade -Garda Civil, Policía Autonómica e Policía Local-, o que permite aumentar a eficacia do seu labor en beneficio da cidadanía.

No apartado referido á situación da violencia de xénero no municipio, a concelleira Rocío López (en representación do Centro de Información ás Mulleres da Laracha) fixo un balance das actuacións que se desenvolven no municipio cos obxectivos de prestar atención integral ás vítimas desta lacra social e promocionar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. Tamén se referiu á satisfactoria coordinación profesional que existe entre o Concello da Laracha, a Policía Local, a Garda Civil, a Policía Autonómica, os centros médicos, os colexios e o Instituto para detectar e previr casos de violencia de xénero, o que se reflicte nas reunións das dúas Mesas sectoriais de coordinación nesa materia. Esta cuestión tamén foi destacada por Jorge Atán, que felicitou ao Concello polas súas boas prácticas e a regularidade na convocatoria das xuntanzas entre os diferentes sectores implicados.

Fonte-Concello da Laracha

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos