6.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

O goberno xalleiro pensa que o PSOE quixo bloquear o pleno

Están convencidos que a José Antonio Ucha “lle doe” que se aproben as subvencións nominativas que el non quixo aprobar no seu mandato.

O goberno local de Santa Comba quere aclarar que o pleno ordinario deste vindeiro venres “vaise a celebrar no salón de plenos da casa consistorial porque o portavoz socialista solicitou o auditorio do multiusos para a celebración dun mitin do PSOE”.Desde o bipartito xalleiro sinalan que ignoran “se se levará a cabo tal acto político pero o certo é que o espazo está reservado”.

Explican que está petición “non impedirá que se celebre unha sesión na que entre outros asuntos aprobaranse as subvencións para apoiar o traballo e actividades de distintas asociacións do concello”.Con todo iso, detectan unha suposta manobra na petición do portavoz dos  socialistas: ”Desde o noso punto de vista está claro que o que tentaba o sr.Ucha era bloquear a celebración do pleno para que a xente non asistirá, nestas datas, a unha mostra máis da súa hipocresía”.

Desde o goberno local de Santa Comba que preside María Pose engaden:”Parece que lle doe que este goberno vaia a aprobar neste pleno as subvencións nominativas que el non aprobou coa escusa de que non había orzamento. Pois ben, o grupo de goberno formado polo Partido Popular e por Terra Galega leva estas axudas a pleno. Está claro, unha vez máis, quen traballa por Santa Comba e quen se dedica a ao bloqueo, ao circo e a leria barata”.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos