12.2 C
Santa Comba
martes, abril 16, 2024

Festas da Laracha 2016

A Comisión de Festas da Laracha presentou hoxe ao alcalde, José Manuel López Varela, e á concelleira Patricia Bello o programa definitivo das celebracións patronais da capital municipal na honra de Santa María de Torás, que se desenvolverán durante catro xornadas, do domingo 14 ao mércores 17 de agosto, datas nas que haberá diversidade de actividades dirixidas a todos os públicos.

Na reunión de hoxe, celebrada no Salón de Plenos municipal, a Comisión de Festas estivo representada polo seu presidente (Guillermo), o tesoureiro (Suso Cotelo) e unha vogal (Sandra). Tamén forman parte do equipo organizador outras tres persoas, que son Ramón Martínez (secretario), Michi e Manel (vogais).

O cartel das festas abrirase o domingo 14 coa terceira edición da pulpada popular a cargo da Pulpeira do Carballiño. Ese día haberá sesión vermú, verbena nocturna e disco móbil. Tamén se realizará o contacontos infantil Contos vellos para rapaces novos en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

O luns 15 de agosto será a xornada grande das Festas da Laracha. Principiará coas dianas e alboradas a cargo da Asociación Cultural Queiroga de Paiosaco. Ás 9:00 horas celebrarase a coñecida como Misa das Cociñeiras na igrexa vella de Torás. Xa ás 12:00 haberá pasarrúas a cargo da Banda de gaitas Monte Branco de Ponteceso. A misa solemne na honra á Nosa Señora será a partir das 13:30, á saída da cal haberá sesión vermú.

Pola tarde, desde as 18:00, o campo de fútbol Municipal da Laracha acollerá unha nova edición do Trofeo Concello da Laracha, que se disputará en formato triangular, contando coa participación dos tres equipos federados do municipio: Laracha C.F., U.D. Paiosaco e Club do Mar de Caión.A partir das 20:00 ofrécese un espectáculo de música e baile tradicional galegos a cargo da Asociación Cultural Santa María de Torás.A verbena nocturna estará amenizada polo Grupo Bomba e, ao remate da actuación, contarase cunha discoteca móbil.

Na xornada do martes 16  as dianas e alboradas serán a cargo da Asociación Cultural Queiroga de Paiosaco (tamén os do día seguinte) e os eventos máis destacados serán a procesión desde a igrexa parroquial ata a capela de San Roque que comezará ás 13:00 horas. Ademais da sesión vermú, pola tarde haberá o concerto de música infantil de Mamá Cabra 15 primaveras a partir das 19:00 horas. Pola noite a verbena estará amenizada pola orquestra Ceniza.

Por último, o mércores 17 a misa solemne na honra ao Santísimo Sacramento está programada para as 13:30 horas. A partir das 17:00 horas os rapaces serán os grandes protagonistas no Día do Neno e as moitas actividades que se organizarán para os pequenos, incluíndo xogos, inchables e festa da escuma, entre outras. O fin de festa será pola noite coa verbena a cargo do Combo Dominicano. No descanso da actuación musical haberá un espectáculo pirotécnico. As Festas da Laracha finalizarán de madrugada cunha discoteca móbil.José Manuel López Varela quixo agradecer aos membros da Comisión “o seu esforzo, dedicación e desinteresado traballo para que os veciños da Laracha e as persoas que nos visiten nestas datas poidamos disfrutar dun excelente e variado programa para todos os públicos”.

Tamén os representantes da Comisión de Festas quixeron agradecer o apoio que están a recibir tanto polo Concello como polos veciños da parroquia de Torás, locais de hostalería, establecementos comerciais e empresas colaboradoras. Ademais, lembraron que será a propia Comisión de Festas a encargada de xestionar, atender e explotar os bochinches e as barras nas que se servirán as bebidas e que se instalarán no lugar de celebración das verbenas, a que será a principal fonte de ingresos para o financiamento das festas.

 

Fonte-Concello da Laracha

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos