13.6 C
Santa Comba
sábado, abril 20, 2024

Denuncian as deficiencias dos xulgados de Corcubión

A CIG alerta sobre a falta de conservación das dependencias xudiciais// Roturas de tubaxes, humidades, deficiencias  no aire acondicionado e carencias básicas.

A Confederación Intersindical Galega denuncia “o estado deplorábel” no que se atopa o edificio que acolle ós xulgados de Corcubión.Segundo o sindicato hai unha importante falta de conservación das dependencias onde “as roturas de tubaxes son constantes e provocan fugas de auga en diferentes estancias. A última aconteceu no despacho do fiscal, e deixou a súa pegada no mobiliario e no falso teito “que presenta varios furados e está inchado en determinadas zonas”.

Citan ademáis desperfectos no despacho da xuíza titular do xulgado número 1, e a presenza de humidades nas oficinas, sala de vistas e  no arquivo, que provocan o desprendemento da pintura e poñen “en risco o material informático e electrónico e constitúen unha ameaza para a saúde dos e das traballadoras”.

Desde CIG- Xustiza quéixanse de que “a condución do aire acondicionado tamén é deficiente”, deixan pingueiras nalgunhas zonas e provocan “vibracións fortes” no edificio.

Critican que a Xunta de Galicia non fixo nada por resolver estes problemas e reclámanlle a Dirección Xeral de Xustiza “que acometa as reformas necesarias para eliminar todo foco de humidade, condensación e vibracións do edificio”.Alertan da posibilidade de que os falsos teitos acaben desprendéndose “a poidan danar a algunha persoa”.Por último, desde a CIG lamentan a “escaseza de papel hixiénico, panos de papel ou xabón de tocador”.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos