9.1 C
Santa Comba
jueves, abril 18, 2024

Paiosaco celebra a Festa das Cereixas

O próximo fin de semana a localidade de Paiosaco, no termo municipal da Laracha, celebra a Festa das Cereixas, declarada de interese turístico de Galicia.

Esta popular e multitudinaria celebración ten a súa orixe na importante produción desta froita vermella, sobre todo nas parroquias de Soandres e Coiro. As colleitas vendíanse no primeiro fin de semana de xullo na feira de Paiosaco, na parroquia de Lestón. E séguese coa tradición.

As actividades, organizada pola comisión de festas de Paiosaco, contan co apoio do concello da Laracha, da Xunta de Galicia e da Deputación provincial coruñesa, E comezan este sábado 2 de xullo cunha verbena aperitivo coa orquestra Pódium e a discoteca móbil Factory.

Pero o día grande será o domingo 3 de xullo, con centos de postos de cereixas e outros produtos no campo da feira de Paiosaco. A celebración estará amenizada pola charanga Vos Jaláticos. Tamén haberá un concurso de postres de sobremesa co produto que se homenaxea nesta fin de semana, organizado Asociación de Comercio, Servicios e Industria da Laracha(ACSIL).

Ás oito da tarde, actuará a asociación cultural Queiroga, e pola noite terá lugar unha verbena con Nueva Fuerza. Haberá ademais unha sesión de fogos de artificio. A orquestra Nueva Fuerza é irmá do Combo Dominicano, e ten nas súas filas a un dos membros desta formación ata esta tempada, Arodi Llanos.

En Paiosaco esperan este fin de semana a miles de persoas para degustar e mercar cereixas, unha froita, por certo, rica en A, B, C, E, K e PP, en ferro, calcio, magnesio, potasio e xofre.

Fotos cereixas- Turgalicia- Xunta de Galicia

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos