2.1 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Vodas de prata do CEIP Pepe de Xan Baña

O CEIP Pepe de Xan Baña de Traba (Castriz) cumpriu os seus primeiros 25 anos de existencia cun emotivo acto que reuniu a profesores, pais, exalumnos, alumnos e un amplo número de persoas vinculadas ao centro educativo.

#AdianteTV

Cun sol abrasador e a xente apiñada no interior do recinto e ata un grupo de persoas na entrada, comezou o acto coa presentación a cargo da directora do centro, Mónica Seoane.Unha das veteranas profesoras e relixiosa afincada en Bazar, Carmen Pablos, resumiu a historia do centro a modo de conto. Despois proxectouse un vídeo onde unha serie de persoas contaban detalles destes 25 anos de existencia. Entre eles, o exalcalde José Toja Parajó, ou as profesoras Elisa Montero e Eva García.

Unha alumna, Vanesa, leu unha breve biografía de Pepe de Xan Baña, regaláronse flores brancas a unha serie de persoas que participaron no documental e tamén ao director de Adiante Galicia, e a poetisa xalleira Regina Muñiz recitou uns versos dedicados ao centro.

Ao final os nenos gozaron de xogos inchables, e fíxose un grafiti nunha parede do colexio en recordo do aniversario. Non faltou a actuación dun gaiteiro acompañado por dúas pandereteiras e unha merenda, como broche a unha tarde emotiva de reencontros neste colexio tan dinámico e cheo de iniciativas.Ao acto asistiu a alcaldesa de Santa Comba, María José Pose Rodríguez e tamén a tenente de alcalde de Carballo, Milagres Lantes, que foi docente deste centro.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos