7.1 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Ucha defende a súa xestión e critica unha moción de intereses

O alcalde de Santa Comba, José Antonio Ucha asegurou que a moción censura de Santa Comba é froito dunha estratexia do Partido Popular de Galicia para recuperar alcaldías “porque saben que están perdendo a Xunta” e situou detrás das negociacións con TEGA, ó presidente provincial Diego Calvo, ó exministro José Manuel Romay, o presidente de honra do PP xalleiro José Toja Parajó e a un familiar da actual voceira popular.Segundo Ucha a oposición “foi tecendo una tearaña que desembocou nesta moción de censura”. Para o líder socialista a Terra Galega “só lle importa o poder” e senón se puxeron de acordo antes foi”porque os dous querían ser alcaldes”.

#AdianteTV

Ante unhas trescentas persoas e rodeado dos concelleiros do PSOE, o alcalde relatou a súa visión dos feitos e lembrou, en alusión a Terra Galega, que “eu xa dixen que non pasaran o plus de honestidade” manifestando que a primeira discrepancia xurdira coa devolución dunha subvención, e que se acrecentou cando o concelleiro de deportes, Javier Facal “quería que asinara eu unha proposta súa” cun presuposto de 18.000 euros que “todo iso se fixo despois en 2.000 euros”.

Ucha recriminou ós dous partidos que promoven a moción de censura de estar inhabilitados para representar o pobo despois de “que se perderan 500.000 euros do PAI”. Tamén criticou ó PP por “tentar impedir este acto” cunha protesta diante da xunta electoral.

Así mesmo defendeu a súa xestión baseada no aforro e na optimización dos recursos, e puxo como exemplo o aforro de 12.000 nos seguros que dixo “contratáronse en Santa Comba”.

Lanzou varias insinuacións Ós promotores da moción sobre o seu interese en “abrir os sobres C” dunhas licitación pendentes ou por “sacar a concesión da auga por 25 ou 30 anos, e despois xa se pode un xubilar”.O rexedor dixo que “teñen moita presa en desaloxarme” e reprochou o anterior goberno a externalización de servizos , a falta de contratos, ou as licitacións “onde sempre había as tres mesmas empresas”.Enviou unha mensaxe os demais grupos:”Se para conseguir unha alcaldía, hai que andar pola lama que a coman cos dentes”.

Na súa intervención entrou en casos concretos, como a recente sentenza dun traballador. Ucha indicou que existía un informe que explicaba que non se podía pagar a distintas persoas que prestaban servizos (aclarar que este non era o caso da radio, posto que había un contrato de servizos legal que expirou o 31 de xullo pasado) pola carencia de contratos:”Todos deixaron de traballar menos un que quedou alí e seguiu xirando facturas” dixo Ucha que non dou por definitiva a sentenza condenatoria contra o concello.

Tamén defendeu a xestión do Facebook municipal e pensa que as críticas da oposición veñen dadas de que “estades vendo as obras”. Desvelou ademais que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia obriga ó concello a reiniciar o procedemento para unha praza de Policía Local e tildou a actuación do anterior goberno “de xulgado”.

José Antonio Ucha afirmou que se logrará un millón é medio de euros da Deputación para Santa Comba. Non lle vale le como escusa que non haxa orzamentos porque “A Sra.. Pose gobernou sen orzamentos”.Engadiu que “eu non fixen prestacións económicas para os meus concelleiros”.

Ao final desde o público plantexaron distintas cuestións. Unhas das persoas que falou foi a exconcelleira independente Blanca Ruzo que valorou a honestidade e a transparencia de Ucha.Ucha Velo sinalou que ía seguir traballando desde a oposición e deixou claro que “nós non nos fomos, senón que nos impediron seguir facendo as cousas ben”.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos