9.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Adiante Galicia entra nas aulas

O director de Adiante Galicia aceptou a invitación da dirección do C.E.I.P. Plurilingüe “Pepe de Xan Baña” para conversar cos alumnos do colexio sobre as entrevistas xornalísticas.

O colexio “Pepe de Xan Baña” de Traba, na parroquia de Castriz (Santa Comba) acolleu unha charla para alumnos do centro que contou coa participación do director de Adiante Galicia, Xosé Manuel Lema que explicou ós preto de oitenta alumnos como se preparan as entrevistas tanto a nivel radiofónico como para medios dixitais.

Finalmente os propios alumnos fixeron unha morea de preguntas ó relator. Xosé Manuel Lema ofreceu distintas técnicas para a documentación previa e o desenvolvemento da entrevista e aconsellou ós rapaces “concentración e observación” durante as conversas porque aparte de ser necesario levar unhas preguntas básicas xa preparadas “sen imaxinación e un chisco de improvisación non hai unha boa entrevista”.

E imaxinación non lles faltou a estes mozos reporteiros que fixeron pensar en máis dunha ocasión, coas súas preguntas, ó director de Adiante Galicia.”A verdade é que estes nenos e nenas estiveron moi atentos e na rolda de preguntas plantexaron cuestións moi interesantes, nunha experiencia moi  fermosa neste centro” comentou.

Os alumnos preguntaron moito sobre xornalismo, aínda que tamén se interesaron por cuestións persoais de Lema. Un alumno preguntoulle se tiña vacas, e a maioría puxo caras estrañas cando, nunha resposta, o comunicador dixo que era aficionado do Sporting de Gijón.¿Ata cando queres seguir nesta profesión?  plantexou unha rapaza.“Ata que poida e agardo que toda a vida” indicou o convidado. 

Despois desta charla os alumnos realizarán un ciclo de entrevistas. Segundo explicaron desde o centro, o primeiro convidado será o ex-alcalde de Santa Comba, José Toja Parajó.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos