O G.D.R. Costa da Morte organiza o I Foro desenvolvemento rural da Costa da Morte para deseñar a estratexia para optar os fondos comunitarios do plan Leader.
O Grupo de Desenolvemento Rural Costa da Morte abre un proceso participativo para a elaboración da estratexia para optar os fondos do Programa Leader, co I Foro de desenvolvemento rural que se celebrará o vindeiro venres 6 de maio no Centro Sociocultural de Baio, no concello de Zas.
O obxectivo destas xuntanzas é “realizar unha reflexión diagnóstica sobre a situación actual e retos do territorio, de cara a establecer as súas prioridades para o novo período de fondos”. Os concellos que pertencen o G.D.R. Costa da Morte son Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.
Tamén se celebrará unhas xornadas de traballo con mesas sectorias, o 18 de maio no edificio de servizos múltiples de Vimianzo e o día 19 de maio na Casa do Oleiro de Buño, no concello de Malpica. A partires das 18:00h. Por último, o 17 de xuño haberá un foro final no que se presentarán os resultados e se validará o documento que se presentará para optar á xestión do programa Leader.Este último encontro celebrarse de novo no Centro Sociocultural de Baio.
Desde o GDR Costa da Morte lembran que as xuntanzas teñen carácter aberto e que “a elaboración da estratexia é de vital importancia para o futuro desenvolvemento do noso territorio”.