3021 fans     1097 seguidores     33 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Formula Hit
Comercial Rodriguez

O concello da Laracha celebra o mes do libro

O concello da Laracha celebra o mes do libro

Costa da Morte | Publicada: 04/04/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
16
3
0

Email Google+ Pinterest Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 3 minutos e 56 segundos.

Catro sesións de contacontos e unha lectura da obra de Manuel María conforman as actividades organizadas desde o concello da Laracha.

O día 23 de abril celébrase en todo o mundo Día Internacional do Libro, sendo unha data programada co obxectivo de fomentar a lectura, especialmente entre os nenos. É tamén por ese motivo que abril é considerado como o Mes do Libro.O Concello da Laracha, tal e como está a ser habitual nos últimos anos, levará a cabo un amplo programa de propostas para conmemorar o Mes do Libro con varias iniciativas dirixidas a todos os públicos. Levarase a cabo en abril e as bibliotecas municipal da Laracha, Paiosaco e Caión serán protagonistas.

CATRO SESIÓNS DE CONTACONTOS

O venres día 8 ás 18:00 horas a compañía BocAberta traerá á biblioteca da Laracha o espectáculo Carmiña Miudiña, a pinga que quería ser científica. Trátase dun contacontos infantil baseado no respecto á natureza a través dun percorrido polo ciclo da auga.

O venres da semana seguinte, día 15 de abril e tamén ás 18:00 horas, o programa trasladarase á biblioteca de Paiosaco co espectáculo de monicreques titulado O coelliño branco e que será representado por Trinketrinke Teatro.

O domingo 24 ás 12:00 horas proponse Os contos do chupete, unha sesión de contos para bebés e as súas familias deseñada por Migallas Teatro mesturando música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral. Levarase a cabo no baixo da biblioteca municipal da Laracha.

O último evento infantil será o contacontos Riciños de Ouro que realizará Trinketrinke Teatro na biblioteca municipal de Caión o venres 29 de abril a partir das 17:00 horas.

Manuel María na túa voz

O autor homenaxeado nas Letras Galegas 2016 será Manuel María, poeta natural do municipio lucense de Outeiro de Rei.

Para o sábado 23 de abril (Día Internacional do Libro) a partir das 12:00 horas o Concello da Laracha organiza na biblioteca municipal da Laracha unha xornada de lectura pública da obra do autor baixo o título Manuel María na túa voz. Trátase dunha iniciativa dirixida a todos os públicos.

A asistencia e participación en todas as propostas incluídas no programa do Mes do Libro do Concello da Laracha é gratuíta e non se require de inscrición previa.

@AdianteGalicia

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

Descubren huesos humanos en Cereixo

Descubren huesos humanos en Cereixo

Obras de desbroce descubren huesos humanos y el muro de la antigua necrópolis de Cereixo   Rafael Lema Unas…

Ler máis
El padre de Caín recuerda unos años de plomo que dejaron huella

El padre de Caín recuerda unos años de plomo que dejaron huella

La mini-serie de Telecinco recuerda unos años en los que se asesinó al porteño Manuel Lemus Noya// El xalleiro José …

Ler máis
 Iria Quintáns:”Quero seguir disfrutando desta experiencia"

Iria Quintáns:”Quero seguir disfrutando desta experiencia"

Iria Quintáns París, a  artista das Maroñas(Mazaricos) debutou na verbena galega coa orquestra Gran Parada. E falou …

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Merca o teu pobo Santa Comba Nadal 2016
DAC Outono Cultural
Mantido S.L. Construcciones y Obras Públicas
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

"Gin-goísmo":ou do nacionalismo expansionista e patriotero

Daniel Lago

Aos mais dos que fazerdes fronte a estas verbas, não vai-vos significar nada o termo, muito mais entroncado aos sítios de cultura anglófona, de jin…

Daniel Lago
Ler máis

Os servidores de Putin

Daniel Lago

A última nova do que acontece nesta guerra “híbrida” é o back-up dos telemóveis chineses, de milhares de dados de utentes ocidentais, não é …

Daniel Lago
Ler máis

Presupuestos Participativos de la Marea, un “éxito”

Nacho Louro

El invento de los “presupuestos participativos” no es más que un brindis al sol de la nueva política populista para vendernos que frente al sist…

Nacho Louro
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información