6.3 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

O concello de Mazaricos certifica a saída de Neria

Beatriz Alvite tomou posesión como primeira tenente de alcaldesa. O alcalde  explicou as xestión feitas con respecto ó polígono industrial do Pino do Val.

Beatriz Alvite, primeire tenente de alcalde

O concello de Mazaricos celebrou o pasado venres un pleno con varios asuntos na orde do día. Despois da renuncia do primeiro tenente de alcalde, José Luís Cives, tocaba facer a oportuna reestruturación. Tomou posesión o novo concelleiro do BNG, José Miguel Blanco Martínez, o edil Esteban Pereiro entraba na comisión especial de contas e Beatriz Alvite Novío asumía o posto deixado por Cives.

Aparte doutros asuntos de trámite, a corporación local daba luz verde a saída da asociación Neria. Desde o concello lembraron que o colectivo “non repercute de ningunha maneira no concello e só ocasiona un gasto fixo anual, o cal podería ser destinado a outras asociacións máis activas e que poidan ter incidencia directa no concello”.

Polígono industrial e Plan Xeral

O alcalde de Mazaricos, Juan Blanco explicou as xestión feitas no tema do polígono industrial de Val. A pretensión inicial do equipo de goberno era desenvolver un plan sectorial pero a localización dunha serie de mámoas na contorna, impediron sacar adiante o proxecto.

O concello optou pola contratación dun arqueólogo que fixo unhas prospeccións na zona, que certificaron que as mámoas están fora do recinto. O técnico está elaborando un informe, e nun principio poderíase dar continuidade ó polígono industrial. Blanco tamén comentou que se pretende adaptar o plan xeral á normativa vixente, polo que “nun prazo de aproximadamente dous anos tanto o PXOM como o polígono industrial” estarían aprobados.

O alcalde ofreceu información sobre a nova ordenanza sobre a xestión de camiños, peche de fincas e vertedoiros ilegais, que se vai presentar na vindeira sesión plenaria. Antes terá unha xuntanza cos representantes da oposición.Entre outros asuntos, Blanco Riveiro explicou ós veciños  a xestións para a legalización da auga, medidas para o aforro enerxético e a convocatoria de subvencións para autónomos de nova incorporación, que serán abordadas na vindeira sesión plenaria.

O concello de Mazaricos tamén vai habilitar un sistema de comunicación entre veciños ao través do teléfono con Whatsapp 628809761.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos