3013 fans     1095 seguidores     33 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Orange Santa Comba
Formula Hit

"Estou aquí para gobernar para todos e cambiar as cousas"

"Estou aquí para gobernar para todos e cambiar as cousas"

Costa da Morte | Publicada: 03/03/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
107
5
0

Email Google+ Pinterest Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 5 minutos e 32 segundos.

Juan Blanco, alcalde de Mazaricos recibiu no seu despacho a Adiante Galicia para falar de distintas cuestión. Asegura que cando remate o ano terá cumprindo o 80% do programa electoral. Non sabe aínda se se presentará a reelección no 2019.

Entrevista Juan Blanco

Na Casa do Concello da Picota agardei polo alcalde que saíra visitar unha obra. Entre unha cousa e outra, entrevista e desenfada tertulia posterior co Blanco e o concelleiro Esteban Pereiro, pasamos o mediodía por estas terras.

Juan Blanco(BNG), alcalde elixido por maioría absoluta, confesa que lle resulta duro facer xornadas diarias de 16 horas de traballo, os sete días da semana, e tamén lamenta que ten que dedicar moito tempo a reparacións e non a “proxectos innovadores”. Afirma que hai camiños como en Arcos que levaban moito tempo sen desbrozarse ou que as instalacións municipais teñen humidades:“Encontrámonos cun concello que non tiña débedas pero era como unha casa vella sen arranxar. As instalacións están mal, hai camiños que levaban sen reparar desde fai moito tempo. Ao mellor era preferible ter algo débeda.Estamos arranxando cousas cando deberíamos estar centrados en proxectos innovadores”.

Aínda así destaca que “a final de ano teremos o 80% co programa electoral cumprido”. Refírese a redacción da nómina do alcalde, a supresión do soldo de tenente de alcalde, ou un plan de axudas para autónomos que “será aprobado no seguinte pleno”.Tamén incide nos traballos de revisión do plan xeral ou no interese que hai “para buscarlle unha saída ó polígono industrial”. Non se quere esquecer do aumento de 75.000 euros no capítulo de asistencia a domicilio ou da colaboración e apoio a entidades como Eu Son Mazaricos, Amas de Casa ou Gandeiros.

E falando de asociación, nesta entrevista Juan Blanco xustificou a baixa na asociación Neria porque “é unha asociación que costa diñeiro e non aporta nada” e está “nunha situación de bancarrota total”. Entende que neste colectivo “non se están facendo as cousas ben e nós non temos porque formar parte de ese problema”.

O que parece ter claro Juan Blanco é que se vai a seguir implicando na defensa do sector lácteo “o sector gandeiro é moi importante para Mazaricos, é un tema de emerxencia. Se eles desaparecen nós imos con eles”.O rexedor tamén nos avanza que non ten decidido se vai volver a presentarse:”Ao mellor dentro de catro anos tampouco me presento”. E aínda que si o faga comenta que non pretende ser “un político profesional”.

O mandatario nacionalista afirma que “estou aquí para gobernar para todos e cambiar as cousas” e advirte que “pode haber medidas que non gusten pero gobernamos para o conxunto”.Ao longo da conversa que se pode escoitar neste mesmo artigo, Blanco Riveiro critica a pouco cooperación da Xunta de Galicia que “o está facendo mal” e máis a perda de servizos nos concellos do rural, como o de pediatría ou as liñas de transporte público:”O  rural non lles importa porque non suman votos”.Adianta que pretende revisar o alumeado público no concello e ir dando resposta a moitas demandas que hai no concello:”Hai problemas que levan 20 anos sen resolverse e queren que se solucionen agora”.

@AdianteGalicia

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

Un hombre fallece en la costa de Caión

Un hombre fallece en la costa de Caión

Un hombre falleció después de naufragar una pequeña embarcación en la que al parecer pescaba junto a una mujer a poc…

Ler máis
Multitudinaria despedida a Jesús Nieto Baneira

Multitudinaria despedida a Jesús Nieto Baneira

Los restos del sacerdote Jesús Nieto Baneira ya descansan en el cementerio de la parroquia de San Vicente de Cuns, desp…

Ler máis
Compromiso prepara o seu segundo Congreso Nacional

Compromiso prepara o seu segundo Congreso Nacional

“Renovando o galeguismo” é o lema elixido para o conclave que se celebrará o vindeiro 21 de xaneiro de 2017. …

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Merca o teu pobo Santa Comba Nadal 2016
DAC Outono Cultural
Mantido S.L. Construcciones y Obras Públicas
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Os servidores de Putin

Daniel Lago

A última nova do que acontece nesta guerra “híbrida” é o back-up dos telemóveis chineses, de milhares de dados de utentes ocidentais, não é …

Daniel Lago
Ler máis

Presupuestos Participativos de la Marea, un “éxito”

Nacho Louro

El invento de los “presupuestos participativos” no es más que un brindis al sol de la nueva política populista para vendernos que frente al sist…

Nacho Louro
Ler máis

Raro o rato chorar a morte do gato

Daniel Lago

Quando em fins dos ´80 do século passado, a URSS colapsou; e com ela todo o bloco do Leste da Europa; esta estava no médio de uma forte tormenta ec…

Daniel Lago
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información