11.7 C
Santa Comba
jueves, abril 18, 2024

Carballo xa conta cun Plan Xeral

Este xoves 4 de febreiro o Consello da Xun tadaba luz verde ao Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello de Carballo, e remátase unha historia de anos non exentos de polémica e coa roda administrativa virando máis lenta do que a necesidade aconsellaba.

Beatriz Mato visitou a capital de Bergantiños

A Conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato asinaba a orde que supón a aprobación definitiva do PXOM carballés logo do visto bo do Consello da Xunta de Galicia. Mato Otero destacou que deste xeito se pon fin “a unha etapa de incertidume urbanística e aporta a seguridade xurídica que o municipio precisa”, sinalando que deste xeito se vai a continuar recuperación da ribeira do río Anllóns ao seu paso polo concello, permitirá a recuperación do litoral e reforzará a posición estratéxica de Carballo, como eixo empresarial a través da ampliación do polígono industrial de Bértoa.

Urbanismo responsable en Carballo

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero agradeceu o esforzo de tódalas persoas e institucións que participaron neste plan xeral que é “un documento de todos e para todos” e que permitirá “o desenvolvemento responsable do urbanismo en Carballo”. Para o rexedor este era “un día de mirar para adiante”.

Xunto a conselleira e o alcalde, asistiron a sinatura, a secretaria xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, a concelleira de urbanismo, Milagres Lantes, o deputado autonómico Aurelio Núñez Centeno, membros da corporación local, persoal municipal e do equipo redactor así como os exconcelleiros de urbanismo, Manuel Andrade Cristóbal e José Antonio Viña Patiño.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos