5.5 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

A Xunta conecta a autovía da Costa da Morte

A partir deste martes 19 de xaneiro haberá cortes de tráfico na autovía AG-55 por mor da realización destes traballos.

A Xunta de Galicia comenzará nos vindeiros día a conexión entre a autoestrada A Coruña-Carballo e a autovía da Costa da Morte, o que segundo fontes go goberno galego vai a provocar desvíos no traxecto.

Para os traballos de conexión entre as dúas vías de comunicación “será necesario desviar o tráfico da AG-55 en ambos os dous sentidos de circulación por unha calzada provisional, cunha lonxitude de 500 metros executada na marxe dereita sentido A Coruña, entre os puntos quilométricos 35+000 e 35+500” indican nunha nota de prensa desde a consellería de Infraestruturas.

As acción son necesarias para “executar o movemento de terras, drenaxe, firmes e sinalización e balizamento do enlace de Carballo e da continuación do tronco da autovía existente coa de nova construción.

Segundo a Xunta “o próximo martes, 19 de xaneiro, iniciarase un peche ao tráfico na calzada sentido A Coruña, que se prolongará durante dúas semanas, pasándose a circular en ambos sentidos pola outra calzada. Estes cortes serán necesarios para levar a cabo a primeira fase destas accións: a execución do ramal e entroncamentos por onde se desviará o tráfico”.A segunda fase centrarase na execución do tronco da autovía e enlace de Carballo.

FOTOS- Xunta de Galicia-

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos