20.7 C
Santa Comba
sábado, abril 20, 2024

Compromiso prepara o seu segundo Congreso Nacional

“Renovando o galeguismo” é o lema elixido para o conclave que se celebrará o vindeiro 21 de xaneiro de 2017.

“Renovando o galeguismo”

O Consello Político Nacional de Compromiso por Galicia reuniuse este sábado para dar luz verde ós documentos que se debaterán no II Congreso Nacional da formación que se celebrará o vindeiro sábado 21 de xaneiro en Santiago de Compostela. Segundo desvelaron desde o partido, o lema elixido é “Renovando o galeguismo”.

Os debates previsto para esta cita congresual estarán relacionado coas modificacións no seo da organización e sobre a preparación das eleccións municipais de 2019, unha convocatoria na que o partido galeguista ten boas perspectivas, dado o traballo positivo e achegado á xente  que os representantes de Compromiso están desenvolvendo en gobernos e distintas corporacións de Galicia.

Xoán Bascuas agarda un novo impulso 

Este congreso de “reinicio” ten como obxectivo básico “o relanzamento do proxecto cos correspondentes cambios na dirección do partido”.O actual secretario xeral e candidato á presidencia da Xunta nas últimas eleccións, Xoán Bascuas, xa anunciou que non aspirará á reelección aínda que seguirá traballando neste proxecto político.

Xoán Bascuas valorou o traballo realizado por Compromiso nestes primeiros anos de vida e que estivo baseado “no traballo, no esforzo e na pulcritude dos procesos democráticos” e avogou porque “a renovación dos órganos de dirección e a incorporación de saiba nova dote dun novo impulso” a formación que tamén na implantación territorial un dos seus retos inmediatos.

As eleccións municipais de 2019, o auténtico exame

Compromiso por Galicia conta con representación en distintos concellos de Galicia e con alcaldes como Rafael Cuiña ou María Xosé Alfonso, que presiden os concellos de Lalín e Muros. Precisamente a consolidación da proposta de Compromiso pasa por aumentar a representatividade nas eleccións municipais vindeiras.

Xa antes das eleccións autonómicas, os dirixentes galeguistas eran conscientes de que o seu verdadeiro exame estaría nos comicios locais.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos