3013 fans     1095 seguidores     33 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Orange Santa Comba
Formula Hit

Primeira edición dos premios Proxecta de innovación educativa

Primeira edición dos premios Proxecta de innovación educativa

Actualidade | Publicada: 13/10/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
7
2
0

Email Google+ Pinterest Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 7 minutos e 29 segundos.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Román Rodríguez, situou o Plan Proxecta como unha porta aberta á transformación, á innovación e á mellora do noso sistema educativo. Fíxoo no acto de entrega da primeira edición dos Premios Proxecta de Innovación Educativa, que distinguiu o traballo de oito centros das catro provincias galegas, así como de outros catro que recibiron accésit, todos por traballos realizados ao abeiro do devandito plan.

O titular do departamento educativo da Xunta de Galicia destacou os galardóns hoxe entregados como unha distinción á implicación de centros, alumnos e profesores na promoción dunha aprendizaxe activa e á súa contribución decisiva na mellora da calidade educativa. Neste sentido, felicitou aos que fixeron posible o desenvolvemento dos diferentes traballos enmarcados no Proxecta e agradeceulle o seu esforzo diario e compromiso, “co que fan mellor o noso sistema educativo e crean maiores oportunidades para o conxunto do alumnado galego”.

Os Premios Proxecta nacen co obxectivo de consolidar e visibilizar a metodoloxía de traballo por proxectos que poñen en marcha os centros públicos participantes nos distintos programas habilitados. Este galardón, por tanto, pon en valor as iniciativas dos centros que apostan pola metodoloxía do traballo por proxectos como esforzo de renovación metodolóxica.

O conselleiro en funcións –que estivo acompañado polo director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; e polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Juan Carlos Maneiro– confiou en que os diferentes traballos premiados “sirvan de modelo e de exemplo para o resto da comunidade educativa, que terán en vós un referente a seguir”. 

Catro premios para cada categoría

A esta primeira convocatoria presentáronse un total de 49 centros: 15 da Coruña, 5 de Lugo, 3 de Ourense e 26 de Pontevedra. Os niveis de participación rexistrados nas dúas categorías foron semellantes: 23 colexios de infantil e primaria na categoría A e 26 de secundaria na categoría B.

Para ambas as dúas categorías establecéronse catro premios –un primeiro, un segundo e dous terceiros–, e tamén se concederon dous accésits por categoría para recoñecer o mérito e o esforzo daqueles centros que presentaron unha práctica educativa digna de mención. O primeiro premio ten unha dotación económica de 6.000 euros, o segundo de 4.000 e os dous terceiros, de 2.000 cada un. Polo tanto, a Consellería destina a esta iniciativa un total de 28.000 euros.

 

Premiados na categoría A 

Nesta categoría, o primeiro premio foi para o CEIP de Arzúa, o segundo recaeu no CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui e os dous terceiros foron para o CEIP Plurilingüe de Frións de Ribeira e para o CEIP Plurilingüe San Marcos de Abegondo. Ademais, tamén se concederon dous accésit para o CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba e para o CEIP de Rubiáns de Vilagarcía de Arousa polo seu compromiso cos hábitos de vida saudables a través da participación en distintos programas do ámbito deportivo.

Premiados na categoría B

Nesta categoría, o IES Francisco Daviña Rey de Monforte de Lemos conseguiu o primeiro premio, mentres que o segundo foi para o CPI Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis. O IES Manuel Chamoso Lamas do Carballiño e o IES Plurilingüe Fontexería de Muros lograron os dous terceiros. Os accésit foron para o CPI de San Vicente de A Baña e para o IES de Meaño, ámbolos dous con proxectos de recoñecida calidade pese a súa incipiente participación.

Colaboración coas consellerías

O Plan Proxecta –que no curso 2015/16 chegou a 417 centros sostidos con fondos públicos e preto de 85.000 alumnos e alumnas– crea un marco xeral de cooperación grazas ao esforzo doutras consellerías, integrando nun mesmo espazo de referencia as iniciativas dos diferentes departamentos da Xunta para o fomento da innovación educativa, establecendo ademais uns criterios metodolóxicos e organizativos comúns para a creación de proxectos innovadores que desenvolvan competencias clave e educación en valores.

Neste curso 2016/17, cuxa convocatoria aínda está aberta, incorpóranse á iniciativa 9 novos programas, ata sumar un total de 41. En resume, todos os proxectos buscan potenciar a motivación e o traballo activo e cooperativo do alumnado e do profesorado implicado. Os diferentes programas poden consultarse no espazo do Plan Proxecta no portal educativo, http://www.edu.xunta.es/portal/planproxecta. 

 

Fonte.Consellería de Educación

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

Un hombre fallece en la costa de Caión

Un hombre fallece en la costa de Caión

Un hombre falleció después de naufragar una pequeña embarcación en la que al parecer pescaba junto a una mujer a poc…

Ler máis
Multitudinaria despedida a Jesús Nieto Baneira

Multitudinaria despedida a Jesús Nieto Baneira

Los restos del sacerdote Jesús Nieto Baneira ya descansan en el cementerio de la parroquia de San Vicente de Cuns, desp…

Ler máis
Compromiso prepara o seu segundo Congreso Nacional

Compromiso prepara o seu segundo Congreso Nacional

“Renovando o galeguismo” é o lema elixido para o conclave que se celebrará o vindeiro 21 de xaneiro de 2017. …

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Merca o teu pobo Santa Comba Nadal 2016
DAC Outono Cultural
Mantido S.L. Construcciones y Obras Públicas
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Os servidores de Putin

Daniel Lago

A última nova do que acontece nesta guerra “híbrida” é o back-up dos telemóveis chineses, de milhares de dados de utentes ocidentais, não é …

Daniel Lago
Ler máis

Presupuestos Participativos de la Marea, un “éxito”

Nacho Louro

El invento de los “presupuestos participativos” no es más que un brindis al sol de la nueva política populista para vendernos que frente al sist…

Nacho Louro
Ler máis

Raro o rato chorar a morte do gato

Daniel Lago

Quando em fins dos ´80 do século passado, a URSS colapsou; e com ela todo o bloco do Leste da Europa; esta estava no médio de uma forte tormenta ec…

Daniel Lago
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información