3013 fans     1094 seguidores     33 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Orange Santa Comba
Formula Hit

Luís Villares:”Atila Núñez Feijóo non cree no autogoberno"

Luís Villares:”Atila Núñez Feijóo non cree no autogoberno"

Actualidade | Publicada: 15/09/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
4
10
1

Email Google+ Pinterest Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 4 minutos e 35 segundos.

// Luís Villares cualifica a Feijóo de ignorante e covarde político//As traballadoras do SAF vimiancés protestan pola política privatizadora de Manuel Antelo//Antón Sánchez:”Temos un país rico pero o goberno non é noso//

A Casa da Cultura de Vimianzo acolleu un mitin de En Marea.Nas portas do recinto, as sete traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar e un grupo de persoas, protestaban pola política privatizadora do alcalde, Manuel Antelo Pazos, con pancartas nas que pedían que os servizos sociais non se converteran nun negocio nin que se privatizaran e nas que aludían as causas xudiciais do rexedor soneirán.Estiveron ata despois de rematar o acto.

Foi precisamente o alcalde, Manuel Antelo, o que abriu o acto criticando a falta de investimentos da Xunta no seu concello. Despois falou a candidata Margarita Barahona que pediu un cambio político “porque todo está podre” e denunciou a “man dura” do PP contras as maiorías sociais. Outra candidata, Luca Chao tivo palabras de eloxio para o alcalde vimiancés polo “resultado histórico” acadado nas eleccións municipais que “por algo sería” e afirmou que persoas coma ela “aprendemos de Antelo e de moitos alcaldes coma el”.

O cabeza de lista pola provincia da Coruña, Antón Sánchez, lamentou que “moita xente perdeu o emprego por culpa de empresarios corruptos como Méndez ou Gayoso”. Para Sánchez García “temos un país rico pero o goberno non é noso”. Arremeteu contra a complicidade do PP coas grandes empresas:”O señor Villar Mir ten dereito de pernada sobre o Río Xallas” dixo. Sánchez convidou ós veciños da comarca a mobilizarse e actuar “como axentes electorais de En Marea”.

O aspirante á presidencia, Luís Villares, cualificou de covardía e ignorancia política a actitude de Feijóo de non querer participar nun segundo debate e ademais porque “era o único que ignoraba que Marcial Dorado era un narcotraficante, ou que ignora que Baltar é un acosador, debe ser que  ignora tamén que as eleccións galegas son ao Parlamento de Galicia non a presidencia da República".  

“Atila Núñez Feijóo non cree no autogoberno” denunciou Luís Villares, que definiu como “sete anos de barbarie” os gobernos de Feijóo:”Un país xusto non deixa morrer os enfermos na cama” comentou en relación ao tratamento da hepatite c. Na súa proposta defendeu “unha nación que é ante todo un proxecto de solidariedade e convivencia”, e propuxo a posta en marcha dun plan de emprego rural e dun plan de desenvolvemento da industria láctea de transformación, entre outras medidas para facer “un país xusto”.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

Santa Comba celebra o X concurso de escaparates no Nadal

Santa Comba celebra o X concurso de escaparates no Nadal

//A asociación de empresarios desenvolve unha campaña de promoción do comercio local co sorteo de 1.000 costavales e …

Ler máis
Irregularidades en la seguridad privada de la mina de Varilongo

Irregularidades en la seguridad privada de la mina de Varilongo

Las denuncias del sindicato USO derivan en sendos expedientes sancionadores  a dos empresas por la seguridad privada en…

Ler máis
AGAFAN pide los ayuntamientos apoyo para las familias numerosas

AGAFAN pide los ayuntamientos apoyo para las familias numerosas

//La asociación está presentando un decálogo de medidas a los ayuntamientos para que no se penalice a las familias nu…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Merca o teu pobo Santa Comba Nadal 2016
DAC Outono Cultural
Mantido S.L. Construcciones y Obras Públicas
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Os servidores de Putin

Daniel Lago

A última nova do que acontece nesta guerra “híbrida” é o back-up dos telemóveis chineses, de milhares de dados de utentes ocidentais, não é …

Daniel Lago
Ler máis

Presupuestos Participativos de la Marea, un “éxito”

Nacho Louro

El invento de los “presupuestos participativos” no es más que un brindis al sol de la nueva política populista para vendernos que frente al sist…

Nacho Louro
Ler máis

Raro o rato chorar a morte do gato

Daniel Lago

Quando em fins dos ´80 do século passado, a URSS colapsou; e com ela todo o bloco do Leste da Europa; esta estava no médio de uma forte tormenta ec…

Daniel Lago
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información