6.7 C
Santa Comba
sábado, abril 20, 2024

Esta noite hai debate en Galicia

//Ás 21:30H debate na TVG e na Radio Galega//Cinco candidatos que debatirán sobre cinco bloques temáticos//Seguimento en directo en AdianteGalicia//

Este luns 12 de setembro, Alberto Núñez Feijóo(PP), Xoaquín Fernández Leiceaga(PSdeG), Ana Pontón(BNG), Luís Villares(En Marea) e Cristina Losada(Ciudadanos) protagonizarán desde as 21:30h un debate electoral nos medios públicos.Os candidatos falarán sobre economía e emprego, sectores produtivos, políticas de benestar, rexeneración democrática e modelo institucional.

Despois do arranque da campaña e das enquisas que circulan, os cinco candidatos terán a ocasión de debater entre eles ante unha audiencia que se agarda que será bastante relevante. Os xornalistas Marta Darriba e Kiko Novoa serán os encargados de moderar este debate que aparte de emitirse pola TVG e a Radio Galega tamén se poderá ver polas canles internacionais, pola web www.crtvg.gal e pola TVG2 en linguaxe de signos cunha hora de atraso. A cobertura da TVG comezará as 19h cun especial “Área Pública” e continuará despois do debate. No caso da Radio Galega, será a partir das 21h.

Seguemento en Adiante Galicia

Adiante Galicia fará un seguimento  minuto a minuto do #debatecrtvg desde a nosa web e unha análise final e tamén preguntaremos aos nosos lectores sobre quen consideran que gañou o debate. Tamén nos podes seguir nas redes sociais tanto en Twitter @AdianteGalicia como en Facebook co cancelo #AdianteDebate.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos