3021 fans     1097 seguidores     33 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Formula Hit
Comercial Rodriguez

Primeira fin de semana de campaña

Primeira fin de semana de campaña

Actualidade | Publicada: 11/09/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
6
6
0

Email Google+ Pinterest Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 5 minutos e 40 segundos.

//Diario de Campaña// Xosé Manuel Lema//Praza de touros ateigada no mitin popular// Urkullu apoia a Bascuas// Rivera volveu a Vigo//Pedro Sánchez en Cerceda//Os candidatos preparan o debate deste luns//

A primeira fin de semana de campaña deixounos unha fotografía da praza de touros de Pontevedra ateigada con milleiros de persoas e a visita de Mariano Rajoy para arroupar ao candidato Feijóo que estaba de cumpreanos. E recibiu os parabens duns seareiros dun PP que ensinaba músculo.Alí Feijóo propoñía ““un goberno á galega: unido, estable e responsable; co respaldo dunha gran maioría; e para todos os galegos, sen excepción”. 

“Hay que quitar al Partido Popular de la Xunta de Galicia” pedía o secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, que visitaba Cerceda para apoiar a Fernández Leiceaga. Pedía unha participación masiva para derrotar a Feijóo: “Si acudís a las urnas, Feijóo se convertirá en un mal recuerdo y Galicia responderá al futuro con nuevas respuestas a los problemas”.

En Allariz, Ana Pontón poñía a este concello como exemplo de boa xestión e advertía que as enquisas que valen son as do 25 de setembro.E Luís Villares estio no Carballiño e Verín, onde contou co respaldo de Xosé Manuel Beiras que se incorpoa a campaña. Villares incidiu na problemática dos lumes e da sanidade pública.”A saúde moral do PP está na UVI” dixo.E ata Bilbao desprazouse o candidato de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, para recibir o apoio dos seus “irmáns” do PNV. Primeiro entrevistouse con Iñigo Urkullu na sede de Sabin Etxea e logo participou nun mitin.

E o domingo trouxo novas enquisas que sinalan a unha maioría absoluta do Partido Popular ainda que non coinciden en apuntar ao segundo partido máis votado. La Región e Atlántico pronostican ao PP unha victoria abrumadora con entre 40 e 45 escanos, seguido polo PSOE (15-17), En Marea (12-14), BNG(3-5) e Ciudadanos(0-1). Para La Voz de Galicia a cousa está máis apretada é o Partido Popular obtería 38 escanos, En Marea, 19, PSOE, 15, BNG,2, e Ciudadanos,1.

Núñez Feijóo participou nun acto para o sector pesqueiro no concello de Porto do Son e afirmou que “se o sector do mar non quere non haberá goberno do PP”. Fernández Leiceaga estivo en Burela, onde presentou un plan de revitalización demográfica.Noutra localidade costeira, o candidato de En Marea, Luís Villares, lembrou a traxedia do Prestige para evidenciar a falta de reacción do PP nunha das crises máis grandes que se lembran e nunha fin de semana na que se soubo que En Marea pedirá a comparencia do ministro para informar sobre o accidente do Porriño. Villares rematou o domingo cun acto na Estrada.

Ciudadanos insiste en transmitir a mensaxe do voto útil. Albert Rivera regresou a Vigo e lanzou unha mensaxe aos socialistas que poden votar a Ciudadanos, ante o intento de PSdeG de artellar un pacto con Podemos.O candidato de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas participaba nun reparto na feira do concello de Cee en un acto en Muros, acompañado pola alcaldesa, María Xosé Alfonso.

Este fin de semana en Adiante Galicia demos voz a dúas opción, ao Partido Animalista(PACMA)e a Vía Nova entrevistando aos candidatos por Pontevedra e Ourense respectivamente, Sheila García(PACMA) e Eladio Fernández(Vía Nova).

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

Descubren huesos humanos en Cereixo

Descubren huesos humanos en Cereixo

Obras de desbroce descubren huesos humanos y el muro de la antigua necrópolis de Cereixo   Rafael Lema Unas…

Ler máis
El padre de Caín recuerda unos años de plomo que dejaron huella

El padre de Caín recuerda unos años de plomo que dejaron huella

La mini-serie de Telecinco recuerda unos años en los que se asesinó al porteño Manuel Lemus Noya// El xalleiro José …

Ler máis
 Iria Quintáns:”Quero seguir disfrutando desta experiencia"

Iria Quintáns:”Quero seguir disfrutando desta experiencia"

Iria Quintáns París, a  artista das Maroñas(Mazaricos) debutou na verbena galega coa orquestra Gran Parada. E falou …

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Merca o teu pobo Santa Comba Nadal 2016
DAC Outono Cultural
Mantido S.L. Construcciones y Obras Públicas
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

"Gin-goísmo":ou do nacionalismo expansionista e patriotero

Daniel Lago

Aos mais dos que fazerdes fronte a estas verbas, não vai-vos significar nada o termo, muito mais entroncado aos sítios de cultura anglófona, de jin…

Daniel Lago
Ler máis

Os servidores de Putin

Daniel Lago

A última nova do que acontece nesta guerra “híbrida” é o back-up dos telemóveis chineses, de milhares de dados de utentes ocidentais, não é …

Daniel Lago
Ler máis

Presupuestos Participativos de la Marea, un “éxito”

Nacho Louro

El invento de los “presupuestos participativos” no es más que un brindis al sol de la nueva política populista para vendernos que frente al sist…

Nacho Louro
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información