3018 fans     1095 seguidores     33 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Orange Santa Comba
Formula Hit

Xa están en marcha as caravanas electorais galegas

Xa están en marcha as caravanas electorais galegas

Actualidade | Publicada: 09/09/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
13
43
1

Email Google+ Pinterest Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 8 minutos e 12 segundos.

Galicia 25S-A pegada de carteis deu comezo a unha intensa campaña electoral. Desde este venres o noso director Xosé Manuel Lema publicará o seu "Diario de Campaña" coas reflexións e notas destacadas de cada xornada.

Feijóo ofrece estabilidade e progreso

O candidato do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo lanzou desde a Coruña un chamamento a participación para evitar relaxacións polas boas perspectivas que sinalan as enquisas: “Temos que saír todos a votar o #25S porque vamos a elixir a Galicia que queremos no 2020. É un proxecto común para todos!”. Feijóo reivindicou a estabilidade do Partido Popular fronte as leas dos demais partidos e pediu o voto para o país:”Non pido o voto para min, pois as galegas e galegos xa mo deron en 2009 e en 2012. Pido o voto para Galicia”.

O líder popular defendeu o traballo do seu goberno en tempos de crise e solicitou o apoio dos galegos para continuar:”Mereceu a pena non deixar facturas nos caixóns, seguir medrando en emprego e que empece a volver a crecer a economía”.

Leiceaga:”O PSdeG é a forza motriz do cambio”

O candidato socialista Xoaquín Fernández Leiceaga situou ao PSdeG como “a forza motriz do cambio” e a clave para que unha nova etapa sexa posible e acabar coa “mala xestión” do Partido Popular. 

No acto de Santiago celebrado na Praza Roxa, Leiceaga puxo como exemplo da fiabilidade do seu proxecto aos alcaldes socialistas que hai en Galicia: “O cambio en Galicia é imprescindible e é urxente, Galicia non pode resistir catro anos máis de parálise”, asegurou o candidato.

Luís Villares:”Feijóo é paro e corrupción”

O candidato de En Marea, Luís Villares iniciou a campaña en Lugo e con duras críticas ao candidato popular, Alberto Núñez Feijóo: “Comeza a campaña electoral en Galicia, un país que Feijóo deixa 220.000 parados. Feijóo é paro. Cos xulgados cheos de corrupción, coa Pokemon, con Bárcenas, cos sobres con diñeiro negro. Feijóo é corrupción. Con miles de mozos e mozas obrigados a saír do país para buscar traballo fora de Galicia. Feijóo é emigración. Cuns servizos de urxencias colapsados mentres hai camas nos hospitais pechadas. Feijóo é mala xestión. Con listas de espera interminables. Feijóo é sufrimento. Con seis desafiuzados ao día. Feijóo é desamparo" declarou Villares.

 

Ana Pontón pide un tempo novo “para un goberno das maiorías sociais”

O Bloque Nacionalista Galego cambiou a tradicional pegada por un mosaico feito por membros do partido no Paseo das Pontes da Coruña. Desde alí, Ana Pontón pediu o voto para “a candidatura de tódalas persoas que confían neste país e que vai a ser clave para empezar este tempo novo”. Anunciou unha campaña en positivo en defensa do autogoberno para ter “un goberno con dignidade e coraxe que diga non a Madrid e a Bruxelas”.

Ana Pontón afirmou que o BNG é a opción máis convinte “para poñer o país a producir, xerar emprego e garantizar o benestar social” e para deixar atrás “os sete anos nefastos de Feijóo.O 25 de setembro temos a oportunidade dun goberno para as maiorías sociais”sostuvo a candidata nacionalista.

Xoán Bascuas:”Este partido é necesario para Galicia”

Tamén en Santiago, arrancou a  súa campaña Compromiso por Galicia, despois da inauguración da súa sede nacional na  Avenida de Lugo. Xoán Bascuas defendeu a necesidade dun partido como o que el lidera: “Este partido é necesario para Galicia e ímolo demostrar con feitos, como xa facemos onde gobernamos”.

Na súa intervención, Bascuas dixo que CxG era unha garantía para os galeguistas e os progresistas:“Compromiso por Galicia preséntase a estas eleccións coa ilusión e a crenza de que as cousas se poden facer de outro xeito. Preséntase como a nova forza galeguista, nacida para dar solucións reais e totalmente viables a esta terra. Preséntase para cambiar Galicia para sempre”.

Cristina Losada reclama o voto útil para Ciudadanos

Desde a Praia do Adro, en Vigo, Cristina Losada afirmou que “Ciudadanos é o voto útil para os que non se conforman co que non funciona en Galicia e queren que mellore a calidade de vida dos galegos”. A candidata laranxa expresou o seu convencemento de que o partido obterá representación parlamentaria e pediu o apoio dos galegos “para ser decisivos e condicionar un goberno constitucionalista”.

“Non me conformo coa elevada taxa de paro, co emprego lixo, coa falta de oportunidades, cos recortes sociais nin cunhas institucións que serviron ao partido no poder e non a todos os galegos” manifestou Losada, que estivo acompañada polo vicesecretario xeral de Ciudadanos, José Manuel Villegas, e polos deputados Marta Rivera de la Cruz e Miguel Gutiérrez.

 

@AdianteGalicia

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

María Pose:”Hai que seguir traballando ao pe do canón"

María Pose:”Hai que seguir traballando ao pe do canón"

 //O Partido Popular celebrou a súa cea anual coa vontade de seguir traballando por Santa Comba// Asistiu a portavoz a…

Ler máis
Dos personas heridas en una salida de vía en Baíñas

Dos personas heridas en una salida de vía en Baíñas

//Aparatoso accidente esta madrugada en Baíñas con una persona herida de gravedad y otra de carácter leve// El coche …

Ler máis
Un hombre fallece en la costa de Caión

Un hombre fallece en la costa de Caión

Un hombre falleció después de naufragar una pequeña embarcación en la que al parecer pescaba junto a una mujer a poc…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Merca o teu pobo Santa Comba Nadal 2016
DAC Outono Cultural
Mantido S.L. Construcciones y Obras Públicas
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Os servidores de Putin

Daniel Lago

A última nova do que acontece nesta guerra “híbrida” é o back-up dos telemóveis chineses, de milhares de dados de utentes ocidentais, não é …

Daniel Lago
Ler máis

Presupuestos Participativos de la Marea, un “éxito”

Nacho Louro

El invento de los “presupuestos participativos” no es más que un brindis al sol de la nueva política populista para vendernos que frente al sist…

Nacho Louro
Ler máis

Raro o rato chorar a morte do gato

Daniel Lago

Quando em fins dos ´80 do século passado, a URSS colapsou; e com ela todo o bloco do Leste da Europa; esta estava no médio de uma forte tormenta ec…

Daniel Lago
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información