Os galeguistas critican que se inclúa a Ciudadanos a pesar de ter menos representación institucional que CxG.
O secretario xeral de Compromiso e candidato á presidencia da Xunta, Xoán Bascuas, presentou esta mañán un recurso diante da Xunta Electoral para o seu partido poida participar no debate electoral previsto para o 12 de setembro nos medios públicos.
Acompañado polo director de campaña, Manoel Vello Salvado e polo secretario nacional de comunicación, Orlando Villamayor, o candidato presentou o recurso e falou para os medios de comunicación:”Onde se viu que un partido que presentou 19 candidaturas hai un ano estea presente no debate e se exclúa a outro que presentou 41?” preguntouse Bascuas, mantendo o argumento de que a representación institucional de Compromiso é 2,5 veces maior ca de Ciudadanos.Lembrou que Compromiso ten tres alcaldías e Ciudadanos ningunha e ademais puxo como exemplo a situación da provincia de Ourense, onde Compromiso presentou nove candidaturas e o partido laranxa ningunha.
Xoán Bascuas non entende como se toman como referencia as últimas eleccións xerais, uns comicios nos que non participou Compromiso:“ A Xunta electoral só utiliza un único criterio para determinar oque é signiï¬cativo en Galicia, e é un criterio que se aprobou para as eleccións de Andalucía para garantir a presenza de UpyD”.
Bascuas pediu que “non se mida a signiï¬cación social unicamente en virtude das elecciónsxerais anteriores, senón que se empregue tamén como criterio o peso institucional”.Trátase, en deï¬nitiva de que “un partido que ten máis relevancia institucionala día de hoxe estea presente no debate”, lugar que lle corresponde por lóxica a Compromiso por Galicia e non a Ciudadanos, resumiu o candidato galeguista.