9.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

En lembranza de Alexandre Bóveda

Cumpríronse oitenta anos do fusilamento do intelectual e político galeguista, Alexandre Bóveda e tamén se conmemorou o Día da Galiza Mártir, que desde que se instaurou en 1942 na Arxentina lembra aos galegos fusilados por defender o estatuto de autonomía e ser leais á república.

Este 17 de agosto, a Fundación Alexandre Bóveda organizou unha homenaxe á que asistiron representantes da política galega como a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, ou o secretario xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, así como outras caras coñecidas como os exportavoces do BNG Xavier Vence e Guillerme Vázquez, Bieito Lobeira(BNG), Orlando Villamayor(CxG), Andrés Núñez(CxG). Tamén se deixou ver o candidato á presidencia da Xunta por En Marea, Luís Villares.

Unha vez máis, decenas de persoas concentráronse na Caeira(Poio) onde foi executado Bóveda, nun acto institucional no que participou o alcalde de Poio, Luciano Sobral, o rexedor de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores,  a filla e o neto do lembrado político, Amalia Bóveda e Valentín García Bóveda, e representantes das fundacións Alexandre Bóveda e Castelao.Despois celebrouse un xantar, no cal se entregou o XI premio Galiza Mártir á escritora Aurora Marco. O vicepresidente da Fundación Bóveda, David Otero afirmou sentirse doído polo “esquecemento institucional” do goberno da Xunta e do estado. Pola súa banda, o presidente da fundación Castelao, Carlos Mella eloxiou a traxectoria de Alexandre Bóveda e criticou a desunión existente no nacionalismo galego.A xornada concluíu cun acto cívico na o panteón de Bóveda, no cemiterio de San Mauro.

Á marxe destes actos tamén tivo lugar durante o mediodía un acto de Marea Pontevedra, no que participaron entre outros Luís Villares, Xosé Manuel Beiras ou a senadora Vanessa Angustia. “Homenaxeamos a Alexandre Bóveda. Reclamamos a forza do exemplo, da ética, da memoria” escribiu Villares na rede social twitter.

Pola tarde, o BNG organizou outro acto, tamén en Pontevedra, coa participación de Ana Pontón e Luís Bará. Pontón dixo que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo é a “antítese do que representa Alexandre Bóveda” e defendeu “unha Galicia que ten que ser ou centro das nosas preocupacións, temos que deixar de mirar a Madrid”. Así mesmo falou do nacionalismo e da transición:”O nacionalismo é esperanza das persoas desencantadas cunha transición que nós nunca aprobamos”.

Pola súa banda, o candidato de Compromiso á presidencia da Xunta, Xoán Bascuas lanzou unha declaración a través das redes sociais: “Hoxe, 80 aniversario do fusilamento de Alexandre  Bóveda, a cidadanía  galega de ben lembra a quen deu a súa  vida  por defender  Galicia, a democracia e a República. Moitos son descoñecidos, sobre todo, aqueles que o seu  nome non pasou as liñas máis  importantes da historia.Para eles, o noso recordo; deles, o seu exemplo. Esquecelos é facer que as súas mortes foran en balde. Que todo o mundo aprenda a derradeira lección do mestre”.

FOTOS- Concello de Pontevedra, En Marea, BNG, Compromiso por Galicia

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos