3020 fans     1096 seguidores     33 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Orange Santa Comba
Comercial Rodriguez

Núñez Feijóo inaugurou a autovía da Costa da Morte

Núñez Feijóo inaugurou a autovía da Costa da Morte

Actualidade | Publicada: 29/07/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
89
8
0

Email Google+ Pinterest Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 3 minutos e 58 segundos.

“Estamos contentos pero non estamos conformes” manifesta o presidente que anuncia que este ano contratarase a prolongación da autovía ata o concello de Vimianzo.

Despois de oito anos de espera xa se pode percorrer a autovía da Costa da Morte, nun traxecto de 27 quilómetros entre Carballo e o concello de Zas. No acto de inauguración, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo valorou a actuación realizada en tempos de crise, cun investimento de 170 millóns de euros e asegurou que “esta autovía é unha referencia da aposta do Goberno galego por avanzar na vertebración da nosa Comunidade a pesar das extraordinarias dificultades que a crise económica supuxo para este obxectivo”.

No mesmo acto Núñez Feijóo anunciou que este 2016 contratarase o proxecto para construír a prolongación da autovía da Costa da Morte ata o concello de Vimianzo:“Seguimos crendo que a Costa da Morte merece e precisa unha vía de alta capacidade que una A Coruña con Fisterra. E despois de todos este anos temos máis claro que nunca que o camiño se fai paso a paso, e que para chegar a Fisterra fai falta chegar primeiro a Baio, desde alí enfilar cara a Vimianzo e logo cara a Fisterra. E niso estamos”.

O presidente da Xunta expresou o seu convencemento de que con esta “infraestrutura soñada” os veciños da Costa da Morte verán multiplicadas as súas oportunidades de progreso e crecemento“e que contribuirá, por exemplo, a que se desenvolvan os proxectos empresariais que aquí se radiquen e se poñan en valor todas as bonificacións que a Xunta está a levar a cabo nos polígonos industriais da zona executados pola Administración autonómica, unhas bonificacións de ata o 50% no prezo do solo”.

Pola súa banda, a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, incidiu en que se trata dunha VAP cun trazado que, nun territorio como Galicia, supera os estándares habituais de autovía e garante as máximas condicións de seguridade viaria. Vázquez Mourelle salientou que estamos ante un auténtico reto para a enxeñería e a obra pública galega, ao construír, nunha soa fase e en pouco máis de ano e medio, os 27 quilómetros de autovía.No acto tamén estiveron presentes alcaldes e representantes políticos da bisbarra.

@AdianteGalicia

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

 El Partido Popular presenta sus presupuestos por comarcas

El Partido Popular presenta sus presupuestos por comarcas

//El canon de la autovía, la EDAR de A Laracha y las mejoras portuarias en Fisterra y Laxe copan la inversión en la Co…

Ler máis
María Pose:”Hai que seguir traballando ao pe do canón"

María Pose:”Hai que seguir traballando ao pe do canón"

 //O Partido Popular celebrou a súa cea anual coa vontade de seguir traballando por Santa Comba// Asistiu a portavoz a…

Ler máis
Dos personas heridas en una salida de vía en Baíñas

Dos personas heridas en una salida de vía en Baíñas

//Aparatoso accidente esta madrugada en Baíñas con una persona herida de gravedad y otra de carácter leve// El coche …

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Merca o teu pobo Santa Comba Nadal 2016
DAC Outono Cultural
Mantido S.L. Construcciones y Obras Públicas
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Os servidores de Putin

Daniel Lago

A última nova do que acontece nesta guerra “híbrida” é o back-up dos telemóveis chineses, de milhares de dados de utentes ocidentais, não é …

Daniel Lago
Ler máis

Presupuestos Participativos de la Marea, un “éxito”

Nacho Louro

El invento de los “presupuestos participativos” no es más que un brindis al sol de la nueva política populista para vendernos que frente al sist…

Nacho Louro
Ler máis

Raro o rato chorar a morte do gato

Daniel Lago

Quando em fins dos ´80 do século passado, a URSS colapsou; e com ela todo o bloco do Leste da Europa; esta estava no médio de uma forte tormenta ec…

Daniel Lago
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información