8.8 C
Santa Comba
jueves, abril 25, 2024

Ana Pontón pide mobilización nun acto multitudinario

Despois de meses de disputas e disidencias o Bloque Nacionalista Galego necesitaba ensinar músculo. E non había mellor ocasión que o “Día da Patria Galega” para mobilizar aos seus cadros que responderon fielmente á chamada.

E despois da tradicional procesión desde a alameda, a praza da Quintana encheuse de persoas e “estreleiras”. Co ambiente propicio, a candidata Ana Pontón lanzou as súas proclamas para activar ás bases da organización: “Somos a Galiza que non se rende, que non baixa os brazos, e imos coller da man ás desafiuzadas, ás paradas, ás precarias, aos emigrados. Temos que devolverlle a esperanza aos galegos e galegas que pensan que xa non merece a pena seguir, coller da man a todas esas persoas e dicirlles que imos saír adiante. Temos que tender a man e unir a todas as galegas e galegos na defensa dun proxecto de país con futuro”.

Pontón Mondelo falou da decisiva cita electoral que se aveciña e pediu un esforzo para  “encher as urnas de votos ao BNG para derrotar a Feijóo e darlle un cambio a este país”. Defendeu o proxecto enraizado en Galicia do BNG fronte “ao curta e pega escrito desde Ferraz ou desde a Complutense”.

Tivo duras críticas para o presidente da Xunta ao que acusou de ser ou estafador maior do Reino e de ser un presidente antigalego “o primeiro despois de Franco en lexislar contra a nosa lingua”.

E como no BNG a situación tampouco está para tirar foguetes, Pontón recuperou a mensaxe da autocrítica e da necesidade de erguerse dos tropezos:

“Sei ben que estamos nun momento complexo, que require confianza e unidade, capacidade para recoñecer erros e man tendida a todas e todos os nacionalistas. Mais as dificultades non quitan razóns. Cada día que pasa teño máis convencemento de que precisamos forzas políticas propias. Porque sen pobo autoorganizado non hai proceso de autodeterminación”, alegou Pontón.

No acto político tamén interviñeron Alberte Mera(Galiza Nova), David Pichel(PCPG) e Segundo González(FOG). Así mesmo houbo representacións de distintos partidos como Esquerra Republicana, CUP ou EH-Bildu.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos