8.8 C
Santa Comba
jueves, abril 25, 2024

Sen axudas por escribir en galego? Non pode ser

O presidente da Xunta afirma que o idioma non pode ser un criterio de exclusión. A Mesa pola Normalización Lingüística denunciará o Ministerio de Industria por unha decisión que discrimina aos concellos de Santiago, Teo e Santa Comba.

O feito de presentar a documentación en galego foi o motivo polo o que o Ministerio de Industria rexeitou a concesión de axudas para a mellora do alumeado público nos concellos de Santiago de Compostela, Teo e Santa Comba.

Martiño Noriega:”É máis un posicionamento político que administrativo”

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega asegura que “non houbo mala fe” na remisión do informe de intervención en galego, e que incluso posteriormente se enviou unha tradución. O rexedor entende que “é máis un posicionamento político que  administrativo”.

Feijóo:”O idioma non pode ser un criterio de exclusión”

Na mesma liña se expresou o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo:«Entendemos que o idioma non pode ser un criterio de exclusión de ningunha axuda. Se a convocatoria establece outros requisitos pois podería repararse, pero non pode ser en ningún caso, na miña opinión, un motivo de exclusión polo tanto en calquera dos dous casos débese corrixir, tanto se é un erro como se é unha decisión porque é equivocada».

Denuncia da Mesa Pola Normalización  Lingüística

O presidente da Mesa Pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira anunciou  que presentarán unha denuncia diante do Consello de Europa, xa que a actitude do Ministerio de Industria vulnera o contemplado na Carta Europea das Linguas.

“O director xeral do IDAE, Arturo Fernández Rodríguez, e o seu presidente, Alberto Nadal Belda, – nomeados polo exministro José Manuel Soria, cesado por posuír contas en paraísos fiscais-, deben demitir porque non se pode admitir que fanáticos que priorizan o seu odio ao interese común da cidadanía manexen nin un só céntimo de diñeiro público” declaro Maceira.As axudas denegadas pertencen a unha convocatoria do Instituto para la Diversificación y el Ahorro de Energía(IDAE).

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos