10.5 C
Santa Comba
jueves, abril 18, 2024

Xoán Bascuas comprométese co cerco galego

Compromiso por Galicia reúnese con dirixentes da asociación de armadores de cerco de Galicia(ACERGA) en Portosín.

“O mar é vital para Galicia, e Compromiso defenderá con unllas e dentes, que os nosos mariñeiros poidan traballar con dignidade e futuro, nun medio protexido e limpo”. Esta foi a declaración do candidato á presidencia da Xunta de Galicia e líder de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas despois dunha xuntanza cos representantes de ACERGA, Juan Blanco, Adriana Casal e Maite García Abeijón.

ACERGA pide un reparto xusto das cotas da xarda e do xurelo

Bascuas comprometeuse a reflectir as propostas no programa electoral de Compromiso por Galicia para as vindeiras eleccións. Unha das demandas fundamentais é a necesidade dun reparto xusto de cotas  por tripulante e buque, ou a xestión conxunta da cota galega, establecendo topes de captura por buque e día, que foi a fórmula de xestión tradicional. “Os criterios do chamado histórico no reparto do xurelo e da xarda están afogando a un sector esencial da economía galega, e nós non podemos máis que valorar a súa exemplar loita, seguilos apoiando e comprometernos a reflectir no noso programa electoral estas peticións” manifestou Xoán Bascuas.

Xuntanza moi frutífera para Bascuas

Neste encontro, desde ACERGA achegáronlle ós dirixentes galeguistas o documento “En defensa do sector do mar”, no que se reclama a protección do medio, o saneamento integral das rías, a defensa do sector pesqueiro artesanal e do marisqueo, o apoio para a miticultura e o fomento dos produtos galegos. 

Xoán Bascuas cualificou de “moi frutífera” a xuntanza mantida e agradeceu a vontade en defensa dos intereses de Galicia das xentes de ACERGA. Deste xeito, o político galeguista segue a súa rolda de entrevistas para a elaboración do programa. Nesta ocasión, estivo acompañado polo secretario nacional de Compromiso, Manoel Vello Salvado e pola alcaldesa de Muros, María Xosé Alfonso Torres.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos