10.3 C
Santa Comba
jueves, abril 25, 2024

O BNG propón un 25 de xullo plural e reivindicativo

Francisco Jorquera pide unha moción de censura nas rúas ao goberno Feijóo// O Bloque organiza unha manifestación plural e reivindicativa// Manifestación desde a Alameda á praza da Quintana//

O Bloque Nacionalista Galego celebrará o “día da patria galega”  nun dos momentos máis complexos da súa historia, en pleno proceso de reflexión, con distintas voces críticas internas, pero co obxectivo de remontar a situación adversa, así o explicou este xoves na Radio Galega o portavoz parlamentario,Francisco Jorquera:”Estou convencido que o BNG non vai desaparecer. O futuro non se pode construír prescindindo do nacionalismo existente”.

Para Jorquera Caselas, Galicia necesita unha referencia propia e neste sentido o BNG está a impulsar unha “refundación sen límites”. Espera que o 25 de xullo haxa nas rúas de Santiago de Compostela “unha moción de censura contra o goberno Feijóo”.

“Galicia viva, soberanía e traballo”

“Galicia viva, soberanía e traballo” é o lema dos actos do Día Nacional que terá como broche unha manifestación que arrincará ás doce do mediodía desde a alameda en dirección á Praza dá Quintana.

“Queremos implicar a todas as persoas e a todos os colectivos que sintan este país, a todos os que acrediten en Galiza como nación que acudan a unha manifestación que sempre foi plural e reivindicativa” manifestou a secretaria de organización, Goretti Sanmartín.

Haberá representantes de 28 paises distintos nos actos organizados por un BNG , que despois dunhas semanas tensas, quere centrarse xa no exame electoral de outubro. Francisco Jorquera mostrábase optimista con respecto ao papel da organización:”O BNG pode desempeñar un papel central para facer posible un acordo parlamentar para que se desprace ao PP do goberno”.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos