3020 fans     1096 seguidores     33 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Orange Santa Comba
Comercial Rodriguez

Compromiso quere que o 25-X sexa unha festa polo cambio político

Compromiso quere que o 25-X sexa unha festa polo cambio político

Actualidade | Publicada: 14/07/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
20
3
0

Email Google+ Pinterest Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 3 minutos e 1 segundo.

Xoán Bascuas:“A celebración do noso Día Nacional debe facerse coa ledicia de quen festexa o futuro cambio político en Galicia”.

Compromiso por Galicia celebrará o Día Nacional de Galicia con distintas actividades no parque Eugenio Granell de Santiago de Compostela e cunha mensaxe moi clara:”A celebración do noso Día Nacional debe facerse coa ledicia de quen festexa o futuro cambio político en Galicia”.

"Chegou o momento do galeguismo aberto e integrador"

Na presentación dos actos, o secretario xeral de Compromiso por Galicia e candidato á presidencia da Xunta, Xoán Bascuas aproveitou para convidar ós cidadáns a que participen nesta xornada e tamén a que se acerquen ó proxecto do partido galeguista:”Abrimos as portas de Compromiso aos galegos e galegas que sintan esta terra, porque chegou o momento do galeguismo aberto e integrador, é a hora do sentido común e das solucións para este país".

Polo que respecta ao 25 de xullo, os actos desenvolveranse no parque Eugenio Granell de Santiago de Compostela. Ás dez da mañá haberá unha reunión do Consello Político Nacional de Compromiso por Galicia. Ás 12:00h abrirase o recinto e ás 13:30h organizarase un acto político no que se presentarán os cabezas de lista polas catro provincias galegas.Ás 14:30h terá lugar un xantar de confraternidade, e a partir das cinco da tarde haberá distintas actuacións musicais. O lema escollido este ano é “Galicia por Diante!”.

Por mor da celebración do Consello Político Nacional, os dirixentes de Compromiso organizarán o domingo 24 de xullo a tradicional ofrenda floral en homenaxe aos galeguistas históricos. Será no Panteón dos Galegos Ilustres desde as doce do mediodía.

Esta semana Compromiso por Galicia tamén estreaba a súa nova conta de twitter @Compromiso_gal

@AdianteGalicia

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

 El Partido Popular presenta sus presupuestos por comarcas

El Partido Popular presenta sus presupuestos por comarcas

//El canon de la autovía, la EDAR de A Laracha y las mejoras portuarias en Fisterra y Laxe copan la inversión en la Co…

Ler máis
María Pose:”Hai que seguir traballando ao pe do canón"

María Pose:”Hai que seguir traballando ao pe do canón"

 //O Partido Popular celebrou a súa cea anual coa vontade de seguir traballando por Santa Comba// Asistiu a portavoz a…

Ler máis
Dos personas heridas en una salida de vía en Baíñas

Dos personas heridas en una salida de vía en Baíñas

//Aparatoso accidente esta madrugada en Baíñas con una persona herida de gravedad y otra de carácter leve// El coche …

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Merca o teu pobo Santa Comba Nadal 2016
DAC Outono Cultural
Mantido S.L. Construcciones y Obras Públicas
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Os servidores de Putin

Daniel Lago

A última nova do que acontece nesta guerra “híbrida” é o back-up dos telemóveis chineses, de milhares de dados de utentes ocidentais, não é …

Daniel Lago
Ler máis

Presupuestos Participativos de la Marea, un “éxito”

Nacho Louro

El invento de los “presupuestos participativos” no es más que un brindis al sol de la nueva política populista para vendernos que frente al sist…

Nacho Louro
Ler máis

Raro o rato chorar a morte do gato

Daniel Lago

Quando em fins dos ´80 do século passado, a URSS colapsou; e com ela todo o bloco do Leste da Europa; esta estava no médio de uma forte tormenta ec…

Daniel Lago
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información