4.8 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Compromiso pretende presentarse en solitario ás eleccións

Xoán Bascuas ve “altamente improbable” unha alianza electoral co BNG// Os galeguistas están dispostos a falar//

O secretario de Compromiso por Galicia e candidato á presidencia da Xunta, Xoán Bascuas asegurou que está á fronte dunha “forza dialogante” e deixou claro que polo interese de Galicia están dispostos a falar “ata co demo ou co Partido Popular”. Estas declaracións na TVG, veñen a conto do interese amosado polo Bloque para explorar unha posible coalición con este partido.

O político galeguista recoñeceu a invitación do BNG e sinalou que ambas eran “forzas políticas centradas no país e sen dependencias alleas” e non terían problema en falar e escoitar á organización que lidera Ana Pontón.Pero Xoán Bascuas considera “altamente improbable” que as conversacións poidan terminar nunha coalición para as eleccións autonómicas de outubro, xa que Compromiso ten ós seus cabezas de lista elixidos e é máis, na última convención ningún afiliado “propuxo concorrer co BNG”.

«De partida é un non» respondeu Bascuas a unha pregunta da xornalista Susana López Carbia no programa «Area Reservada» da TVG. Lembrou que o seu partido «xa está traballando no programa electoral». De todos os modos, desde Compromiso por Galicia están convencidos de que «temos moito que falar co BNG, sobre todo non ámbito municipal».

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón xa estableceu un primeiro contacto con Xoán Bascuas para iniciar conversacións. Un interese de manter  reunións formais con Compromiso que certificou hoxe a responsable de organización do BNG, Goretti Sanmartín en declaracións á Radio Galega. Aínda que a formación galeguista xa ten bastante canalizado o seu camiño.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos